Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colaborará coa terceira edición do festival ribadense Xara

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
mocidade
CULTURAL
O XARA
Ribadeo
DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ
IRIA CASTRO FERNÁNDEZ
Daniel García e Iria Castro reuníronse coa organización do festival, que perfilou a súa proposta para este ano

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renovará o apoio ao festival ribadense Xara, de cara á vindeira edición. A deputada de Cultura Iria Castro e o deputado de Mocidade Daniel García reuníronse coa asociación organizadora para valorar a colaboración mantida na pasada anualidade e avanzar na proposta de cara á terceira edición.

Asi, no encontro, incidiron no éxito do mercadiño de produtos de proximidade ou na proxección que supuxo a actuación no festival para o rapeiro da Limia Kid Mount, e bosquexaron as liñas do próximo cartel no que manterán a aposta en artistas emerxentes e nas músicas urbanas que incorporan ritmos tradicionais. A organización formulou como obxectivos para a vindeira edición chegar a un público máis interxeneracional e lograr un crecemento sostible, respectuoso coa vida e os ritmos de Ribadeo.

Daniel García e Iria Castro trasladáronlles o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para seguir avanzando no programa da terceira edición e valoraron a iniciativa da organización por consolidar o festival, mantendo unha plataforma para a música en directo e contribuíndo á dinamización cultural de Ribadeo.