Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa programación divulgativa impulsada pola CITMAga en Lugo arredor da eclipse solar total do 12 de agosto

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
ECLIPSE SOLAR
MANUEL ANDRADE BALIÑO
CITMAGA

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mediodía na presentación do programa de actividades impulsado Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) arredor do eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026, que contará coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

No acto, celebrado na Casa do Saber, o coordinador do programa e responsable da área de Astronomía e Astrofísica do Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Andrade Baliña, debullou as actividades previstas para achegar á cidadanía un fenómeno astronómico extraordinario aproveitando a posición privilexiada de Lugo, unha das catro cidades da Península Ibérica nas que a eclipse se poderá observar na súa plenitude.

A programación inclúe un ciclo de conferencias divulgativas e actividades educativas, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo e primeiros de agosto,  coa vista posta na tarde do 12 de agosto, cando se despregará unha infraestrutura especial, con telescopios e prismáticos solares e reparto masivo de lentes homologadas, no adarve da Muralla e no parque de Rosalía de Castro.

Iria Castro destacou a "colaboración institucional no apoio a un proxecto ambicioso, que require tanto dun esforzo económico como loxístico" e valorou o enforque divulgativo das actiidades, "pensadas para toda a sociedade" e reafirmou o compromiso da Vicepresidencia coa "cultura científica e as iniciativas de transferencia de coñecemento". Así mesmo, destacou "que un proxecto científico deste calado se faga en galego "apoiar a ciencia en galego é tamén facer política linguística", destacou.

Información sobre as actividades en https://citmaga.gal/eclipse-2026.8.12-en-lugo