Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa Queima das Fachas de Castelo, en Taboada

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN DE LUGO
ÁREA DE CULTURA
Taboada
varias persoas presentan o cartel detrás dunha facha

Lugo, 3 de setembro de 2026.- A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación da Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, que se celebra o luns 7 de setembro coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

 A Asociación Cultural As Fachas revitalizou e mantén viva esta festa tradicional con lume que se celebra no castro de Castelo. As fachas, feitas cun pé de madeira e agucios polas casas da parroquia, dispóñense en círculo e queimanse, seguindo un ritual secular.

No acto, Iria Castro valorou “a implicación da veciñanza en dar continuidade a esta tradición, mantendo un patrimonio que é parte da nosa identidade como pobo”  e reafirmou“o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”.

A Queima das Fachas de Castelo, que conta cunha achega de 3.000 euros da Vicepresidencia da Deputación , é unha das tres festas do lume que se conservan en Galiza, xunto a de Vilelos, no Saviñao, e a de Castro Caldelas.