A Vicepresidencia da Deputación adxudica a renovación do xardín e da zona verde claustro do Museo Provincial, na que investirá 160.000 euros
Lugo, 18 de setembro de 2026.- A Xunta de Goberno deu luz verde á adxudicación das obras de acondicionamento e mellora dos xardíns do Museo Provincial de Lugo, así como da zona verde do claustro, por un valor de 138.531,69 euros. A esta cantidade súmanse 19.903,29 euros polo servizo de mantemento destes espazos durante dous anos.
As obras, que contan cun prazo de execución de catro meses, inclúen un novo axardinamento dos espazos verdes, a renovación da iluminación, a instalación de sinalética e paneis informativos e a reorganización das pezas expostas.
Na zona central do claustro renovarase o céspede e repararanse as zonas empedradas e o muro exterior do pozo.
A deputada de Cultura, Iria Castro, explicou que o proxecto fará dos xardíns “un espazo máis atractivo para o uso e goce por parte da cidadanía, ao tempo que reforzará o seu carácter expositivo, poñendo en valor as pezas que acolle”
As intervencións súmanse as melloras realizadas no Museo Provincial de Lugo nos tres últimos anos, entre as que se contan a renovación da museografía das pandas e da sala capitular do claustro, a renovacion da sección de numismática e medallística para a exposición permanente do sestercio da caetra ou a renovación da cuberta da cociña.
