Cultura
Deputación de Lugo

Demostracións en vivo de coiro, olaría, cestaría, cantaría, ou forxa, na programación de Artesanía da Deputación

coiro
olaría
cestaría
cantaría
forxa
Demostracións en vivo de coiro, olaría, cestaría, cantaría, ou forxa, na programación de Artesanía da Deputación
O Executivo aprobou en Xunta de Goberno o programa de Promoción da Artesanía 2019 , co que impulsa o sector artesanal da provincia con 15.000 euros

A Deputación asume todos os custos de organización e celebración do conxunto de actividades, dirixidas a impulsar e promover o sector artesanal da provincia

Os interesados en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación. E na web www.deputacionlugo.gal haberá un espazo con toda esta documentación, bases e anexos, así como coa información de prazos de solicitude

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o Goberno da Deputación  aprobou en Xunta de Goberno o programa de Promoción da Artesanía 2019, que conta cun investimento de 15.000 euros, o que permitirá ofrecer demostracións en vivo de artesanía tanto a Concellos como a Asociacións.

Cómpre lembrar que o Executivo da Deputación asume todos os custos de organización e celebración do conxunto de actividades, dirixidas a impulsar e promover o sector artesanal da provincia. Os interesados en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación. E na web www.deputacionlugo.gal haberá un espazo con toda esta documentación, bases e anexos, así como coa información de prazos de solicitude.  As demostracións deben realizarse entre o 1 de marzo, e o 31 de decembro de 2019.

O programa Promoción da Artesanía 2019, conta cun orzamento de 15.000 euros, para promover axudas de demostracións en vivo. Concretamente, e a través desta iniciativa financiaranse unhas 50 demostracións en vivo, como por exemplo: coiro, olaría, cestaría, cantaría, forxa, talla de madeira, torno, tear e creación de espectáculos de monicreques, ampliando tamén o número de disciplinas á totalidade das recoñecidas oficialmente. Son demostracións que ofrece a Deputación e que escollen posteriormente os beneficiados.

Cada demostración deberá ser dun mínimo de 4 horas, e será financiada en solitario polo organismo provincial con 300 euros para todos os Concellos e asociacións da provincia que as soliciten.