Demostracións en vivo de coiro, olaría, cestaría, cantaría, ou forxa, na programación de Artesanía da Deputación
A Deputación asume todos os custos de organización e celebración do conxunto de actividades, dirixidas a impulsar e promover o sector artesanal da provincia
Os interesados en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación. E na web www.deputacionlugo.gal haberá un espazo con toda esta documentación, bases e anexos, así como coa información de prazos de solicitude
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o Goberno da Deputación aprobou en Xunta de Goberno o programa de Promoción da Artesanía 2019, que conta cun investimento de 15.000 euros, o que permitirá ofrecer demostracións en vivo de artesanía tanto a Concellos como a Asociacións.
Cómpre lembrar que o Executivo da Deputación asume todos os custos de organización e celebración do conxunto de actividades, dirixidas a impulsar e promover o sector artesanal da provincia. Os interesados en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación. E na web www.deputacionlugo.gal haberá un espazo con toda esta documentación, bases e anexos, así como coa información de prazos de solicitude. As demostracións deben realizarse entre o 1 de marzo, e o 31 de decembro de 2019.
O programa Promoción da Artesanía 2019, conta cun orzamento de 15.000 euros, para promover axudas de demostracións en vivo. Concretamente, e a través desta iniciativa financiaranse unhas 50 demostracións en vivo, como por exemplo: coiro, olaría, cestaría, cantaría, forxa, talla de madeira, torno, tear e creación de espectáculos de monicreques, ampliando tamén o número de disciplinas á totalidade das recoñecidas oficialmente. Son demostracións que ofrece a Deputación e que escollen posteriormente os beneficiados.
Cada demostración deberá ser dun mínimo de 4 horas, e será financiada en solitario polo organismo provincial con 300 euros para todos os Concellos e asociacións da provincia que as soliciten.