AFONSO X
No derradeiro cuarto do século XX, a iconografía musical adquiriu un papel relevante dentro das fontes musicais ibéricas, tal e como o reflicte a creación, no ano 1971, do Repertorio Internacional de Iconografía Musical (RidIM); neste campo, as miniaturas dos manuscritos de Afonso X o Sabio constitúen un documento de primeira orde para calquera intento de achegamento á cultura medieval.
A parte do seu valor como prosista e impulsor das ciencias, o rei Sabio foi protector da poesía e excelente cultivador dela na nosa lingua. Na súa corte reuniu a poetas occitanos, franceses e peninsulares, a xograres e músicos e fixo dela un dos máis importantes centros de poesía trobadoresca, destacando as Cantigas de Santa María, unha colección de 427 textos poéticos dedicados á Virxe María nas que se atopa a única referida a Galicia e, concretamente, a Lugo, xa que na súa catedral se sitúa un dos seus milagres.
En colaboración co profesor Antoni Rossell, da Universidade Autónoma de Barcelona, acometemos o proxecto Os instrumentos musicais nas Cantigas de Santa María de Alfonso X, o estudo comparado deste corpus documental de ca. 1265 e concretamente da miniatura que acompaña a cantiga 160 do códice b.I.2, fol. 154 v, conservado na Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial; isto permitiunos recuperar a historia medieval dun instrumento tan ligado á nosa tradición e enriquecer a colección que amosa toda a evolución organolóxica da zanfona.
GALERÍA DE IMAXES
Contidos relacionados
EQUIPO DE TRABALLO:
Dirección do proxecto:
Luciano Pérez Díaz
Investigacións:
Christian Rault, luthier e organólogo
Teresa Gómez Espinosa, Instituto do Patrimonio Cultural de España
Mestres artesáns:
Ana Carrassón, Instituto do Patrimonio Cultural de España
Antonio Franco, Obradoiro de Instrumentos musicais
Christian Rault, luthier e organólogo
Coordinación administrativa:
Francisca López López
Revisión lingüística:
Montserrat González Álvarez