Cultura
Deputación de Lugo

Alumnado do IES SanXillao de Lugo participa nunha proxección e coloquio arredor da serie interactiva “Amnesia 3.0”

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
IES SANXILLAO
AMNESIA 3.0
audiovisual
IRENE PIN

Alumnado do Bacharelato de Artes do IES San Xillao de Lugo participou este xoves nunha sesión sobre ficción dixital, na que se proxectou a serie interactiva “Amnesia 3.0”, a primeira en galego no seu xénero, escrita e dirixida pola lucense Irene Pin. A autora  compartiu co estudantado a súa experiencia no proceso creativo e na produción da serie, finalista do Premio Mestre Mateo á Mellor Serie Web.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promoveu a actividade que se repetirá mañá na Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón de Lugo e no IES Monte Castelo de Burela, co obxectivo de achegar contidos audiovisuais en galego á mocidade e visibilizar a obra de novas creadoras.