Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación colabora coa Feira do Mel de Muras, que se celebrou no Viveiró

VICEPRESIDENCIA DEPUTACION LUGO
medio rural
Mónica Freire
FEIRA DO MEL DE MONTAÑA
Muras

A deputada Mónica Freire asistiu esta mañá a VII Feira do Mel de Montaña de Muras, que reuniu 25 postos de mel e outros productos agroalimentarios do outono no Viveiró.  A área de Medio Rural da Deputación de Lugo colabora co Concello de Muras  na organización da feira, que pon en valor a calidade do mel das producións locais e facilita a súa venda directa aos consumidores.

Mónica Freire explicou que “desde a área de Medio Rural valoramos especialmente estas iniciativas que inciden na diversificación produtiva do rural, promovendo actividades como a apicultura que xeneran rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúen ao mantemento do medio natural”.

Nese sentido, a deputada destacou “o traballo que o goberno municipal de Muras ven desenvolvendo para dinamizar económicamente e socialmente o concello a partir do aproveitamento do monte”.

A feira, que conta cunha achega de 6.000 euros da área de Medio Rural da Deputación, complementou a venda de productos agroalimentarios cun certame de mel de calidade e cun programa lúdico con demostracións de cociña –con Beatriz Sotelo- e coctelería –con Diego Mosquera- e obradoiros infantís.

O Concello de Muras conta tamén cunha achega de 6.000 euros do Plan Único provincial para a organización da feira.