Cultura
Deputación de Lugo

Efrén Castro recibiu ao poeta cubano Luis Paz Esquivel para valorar fórmulas de intercambio cultural arredor dos xéneros de improvisación oral

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
EFRÉN CASTRO
LUIS PAZ ESQUIVEL
PUNTO CUBANO
IMPROVISACIÓN
REGUEIFA
BRINDO

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro mantivo esta mañá un encontro co poeta cubano Luis Paz Esquivel no que abordaron fórmulas de colaboración para valorizar e divulgar a improvisación oral cantada a partir dos xéneros propios de Galiza e Cuba.

Neste primeiro encontro, valoráronse accións para afondar no intercambio cultural entre os dous países a partir das regueifas ou os brindos  e o punto cubano, xénero tradicional no que se cantan composicións improvisadas ou aprendidas  e que está recoñecido como Partrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

Na reunión participaron tamén Tania e Marian Chinea Díaz, impulsoras da asociación Xuntos por Cuba.