Efrén Castro recibiu ao poeta cubano Luis Paz Esquivel para valorar fórmulas de intercambio cultural arredor dos xéneros de improvisación oral
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro mantivo esta mañá un encontro co poeta cubano Luis Paz Esquivel no que abordaron fórmulas de colaboración para valorizar e divulgar a improvisación oral cantada a partir dos xéneros propios de Galiza e Cuba.
Neste primeiro encontro, valoráronse accións para afondar no intercambio cultural entre os dous países a partir das regueifas ou os brindos e o punto cubano, xénero tradicional no que se cantan composicións improvisadas ou aprendidas e que está recoñecido como Partrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.
Na reunión participaron tamén Tania e Marian Chinea Díaz, impulsoras da asociación Xuntos por Cuba.