O portal institucional deputacionlugo.org desenvolveuse para que sexa accesible co obxectivo de garantir o acceso de todos aos servizos e á información existente, sen ningunha limitación nin restricións derivadas dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados ás persoas con discapacidades ou con limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Deputación de Lugo está aliñada coas directrices do Real decreto 1494/2007, de 12 de novembro, no que se aproba o regulamento sobre.

Co fin de asegurar a suficiente accesibilidade das persoas con discapacidade ao contido do seu portal, a Deputación de Lugo cumpre cos dous primeiros niveis de adecuación (AA):

 

  • As páxinas especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario e sen crear problemas de visualización. Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:
    • Google Chrome: "Ver" > "Zoom" ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-". Premendo Ctrl= restablece o texto ao tamaño orixinal.
    • Firefox: "Ver" > "Tamaño do texto" ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-". Premendo Ctrl= restablece o texto ao tamaño orixinal.
    • Explorer: "Ver" > "Tamaño de texto".
    • Safari: “Visualización>Ampliar/Reducir
    • Opera: "Ver" > "Escala" ou empregando as teclas +, - e *, segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.
  • As táboas de datos conteñen encabezamentos de fila e de columna. Ademais, elimináronse as táboas cuxa única finalidade é a de facilitar a maquetación. Seguindo as recomendacións de accesibilidade, esta maquetación conseguiuse mediante elementos de bloque e follas de estilo en fervenza (CSS).
  • Todo documento debe poder lerse sen estas follas de estilo ou con aquelas que o usuario poida estar utilizando, en función das súas propias necesidades.
  • As imaxes decorativas son totalmente prescindibles para unha comprensión do contido. No caso contrario proporciónase un texto equivalente para todo elemento non textual (por exemplo, utilizando as etiquetas dos atributos "alt", "longdesc" ou "title").

Identifícanse os cambios de idioma mediante a etiqueta correspondente para facilitarlles a tarefa aos que navegan con lectores de texto.
Se detecta que algún documento deste portal non é accesible ou se ten algunha outra dúbida en relación á accesibilidade do mesmo, pode empregar o seguinte formulario de contacto.