Obradoiro do Libro

A conservación de documentos e a encadernación de libros sempre foi unha necesidade obrigada en todas as épocas da historia, incluído hoxe en día.

Este espazo esta dedicado á divulgación das Artes do Libro, con programas formativos, e exposicións da Historia do Libro e as súas Artes afíns. Dentro dos módulos formativos que se imparten no obradoiro cabe destacar os dedicados á Encadernación, tanto de iniciación como de Encadernación Artística, Restauración de Obra Gráfica, e diversos monográficos de Dourado, Fabricación de Papel Artesanal, Impresión con Tipografía de Chumbo e Prensas Tipográficas, Libro de Artista, Papeis Pintados, etc… Ademais de divulgación en pequena escala con obradoiros portátiles en colexios da provincia.

 

Catálogo de Ilustracións

Catálogo de Zanfonas Históricas