SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL 2022
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
1. Sede electrónica
2. Subvencións
3. Subvencións de concorrencia competitiva de CULTURA
4. Alta de solicitude
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.
Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
• Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
• Entrar en "O meu cartafol"
• Os meus expedientes
• Incorporar documentación
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 056 – xoves, 10 de marzo 2022), polo tanto remata o xoves, 24 de marzo de 2022.
Extracto da convocatoria BOP 10 de marzo de 2022
∎ Formulario de solicitude: pdf editable (prema, descargue e garde) / word
∎ Outra documentación que debe presentar:
▪ Copia do NIF da entidade
▪ Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente, e sempre que estes non foran presentados na entidade con anterioridade e sufriran modificacións. Neste caso deberán ser presentados novamente coa solicitude.
▪Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada.
→ Información: 982- 260260 / 982- 260 058
secretariacultura@deputacionlugo.org / carla.bejarano@deputacionlugo.org
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA CULTURA, 2021
De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace: (DEBERÁ CREAR UN NOVO EXPEDIENTE NA SEDE ELECTRÓNICA).
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Sede electrónica
Tramites xerais
Presentación de escritos
Alta de solicitude
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA ACTIVIDADES CULTURAIS
Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)
Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)
Anexo III (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)
Anexo IV (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)
Modelo de Renuncia (pdf editable, prema, descargue e garde)
Facturas polo importe da subvención concedida. (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
Comprobantes do pagamento das facturas presentadas
Documento bancario actual da Asociación co CIF
Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2022 (xoves)
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS
Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)
Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)
Anexo III (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)
Anexo IV (pdf editable, prema, descargue e garde) (word)
Modelo de Renuncia (pdf editable, prema, descargue e garde)
Facturas polo importe da subvención concedida. (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
Comprobantes do pagamento das facturas presentadas
Documento bancario actual da Asociación co CIF
Dúas fotografías do investimento realizado
Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2022 (xoves)
SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL, 2021
Resolución definitiva de concesión. BOP 23 de decembro
Resolución provisional de concesión. BOP 26 de outubro.
SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS, 2021
Resolución definitiva de concesión. BOP 23 de decembro
Resolución provisional de concesión. BOP 26 de outubro.
SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL, 2021
Extracto da convocatoria
∎ Formulario de solicitude (pdf editable, prema, descargue e garde).
∎ Outra documentación que debe presentar:
• Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade
• Copia do NIF da entidade
• Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente (no caso de non telos presentados con anterioridade)
• Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada
SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS, 2021
∎ Nesta liña de subvencións, cada entidade solicitante poderá formular unha única solicitude (ou por investimentos ou ben por equipamentos)
∎ Formulario de solicitude (pdf editable, prema, descargue e garde).
∎ Outra documentación que debe presentar:
• Copia do NIF da entidade
• Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente (no caso de non telos presentados con anterioridade)
• Calquera outro documento que se considere necesario para permitir unha mellor valoración da subvención solicitada
Información: 982- 260260 / 982- 260 058
secretariacultura@deputacionlugo.org / carla.bejarano@deputacionlugo.org
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder do seguinte xeito:
1. Subvencións
2. Acceder á sede electrónica
3. Subvencións
4. Subvencións de concorrencia CULTURA
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.
Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
• Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
• Entrar en "O meu cartafol"
• Os meus expedientes
• Incorporar documentación
No caso de presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 156 – sábado, 10 de xullo 2021), polo tanto remata o venres 23 de xullo de 2021.
PROGRAMA MUSIQUEANDO 2021
Bases e modelos de solicitude do Programa Musiqueando 2021
A continuación pode consultar subvencións e outras axudas que xestiona a Deputación de Lugo no eido da Cultura.
Pode consultar información, de carácter máis xeral, relacionada sobre as subvencións na páxina principal de subvencións
SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS 2020
Publicada a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para investimentos en instalacións e equipamentos culturais na anualidade 2020. (BOP num 300 do 31 de decembro de 2020)
Documentación que debe achegar:
SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2020
Publicada a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2020. (BOP num 300 do 31 de decembro de 2020)
Documentación que debe achegar:
AXUDAS CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2020
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación de Lugo, nesta ligazón.
Prazo de presentación de solicitudes: do 7 ao 18 de setembro.
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
AXUDAS CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO CULTURAL 2020
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación de Lugo, nesta ligazón.
Prazo de presentación de solicitudes: do 7 ao 18 de setembro.
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
PROGRAMA MUSIQUEANDO 2020
Bases e modelos de solicitude do Programa Musiqueando 2020
PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019
Modelos de xustificación de Cultura
SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2019
Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2019. (BOP num 290 do 19 de decembro de 2019)
Documentación que debe achegar: (pdf)
SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA 2019
Destinadas a entidades e asociacións culturais ano 2019
Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2019.
4. Prazo de presentación da solicitude: 15 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación no BOP da provincia de Lugo o extracto da convocatoria. Remata o prazo o 29 de abril.
PROGRAMA BUXIGANGA 2019
Bases e modelos de solicitude do Programa Buxiganga proxecto teatral Afeccionado 2019. Publicadas no BOP do 06/03/2019
PROGRAMA DE TEATRO PROFESIONAL 2019 (PROSCENIO)
Bases e modelos de solicitude do Programa de Teatro Profesional (PROSCENIO) 2019
PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018
Modelos de xustificación de Turismo
PROGRAMA MUSIQUEANDO 2019
Bases e modelos de solicitude do Programa Musiqueando 2019
PROGRAMA DE TEATRO PROFESIONAL 2018 (PROSCENIO)
Bases e modelos de solicitude do Programa de Teatro Profesional (PROSCENIO) 2018
PROGRAMA BUXIGANGA 2018
Bases e modelos de solicitude do Programa Buxiganga proxecto teatral Afeccionado 2018
PROGRAMA MUSIQUEANDO 2018
Bases e modelos de solicitude do Programa Musiqueando 2018
PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2017
Modelos de xustificación de Turismo
SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA
Destinadas a entidades e asociacións culturais ano 2018
Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2018.
Publicadas as listaxes de subvencións concedidas en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo, anualidade 2018, por acordo da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 10 de agosto de 2018.
Destinadas a entidades e asociacións culturais ano 2017
Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2017.
Destinadas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro para a realización de actividades de promoción da artesanía no ano 2017
Convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de Subvencións destinadas a entidades asociativas e Asociacións sen ánimo de lucro, da provincia de Lugo para a realización de actividades de promoción da artesanía na anualidade 2017.
Destinadas a entidade e asociacións culturais ano 2016
Publicadas a concesión de subvencións destinadas a entidades e asociacións culturais (categorías de actuacións culturais permanentes e de eventos culturais) da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, ano 2016.
CONVENIOS DE COLABORACIÓN PARA CONCELLOS 2016. MODELOS DE XUSTIFICACIÓN