Biblioteca


A biblioteca do Centro de Artesanía e Deseño desexa ser un centro de divulgación  e de difusión cultural, coa expresa intencionalidade de incentivar os nosos recursos e de optimizar ao máximo á rendibilidade das nosas instalacións, e abertos sempre a calquer suxestión e/ou suxerencia que se nos propoña con capacidade de criterio e crítica razoables.

Conscientes do avance constante e continuo ao que nos aboca a nosa contemporánea actualidade, queremos camiñar acorde aos tempos e por iso, seguindo a nosa máxima de que o que non se publicita, non se visibiliza e, polo tanto, non é visible, abogamos por amosar todos os fondos dos nosos catálogos para que, persoas con fondo interese na cultura de forma persoal ou asociativo, teñan total dispoñibilidade para descargar o formulario adxunto e, mediante o proceso de cubrir o devandito documento, poderá acceder aos fondos requeridos mentres haxa excedente dabondo.

Adxuntamos, xunto á guía do usuari@, dous documentos en PDF, un é sobre a ficha técnica de cada catálogo, é dicir, o ISBN, o depósito legal, etc. e, ao carón do mesmo, outro pdf coa sinopse de cada catálogo para que vós fagades unha idea do contido de cada catálogo e poida facerse unha selección e elección co meirande fundamento e coñecemento de causa posible.

Tamén queremos incidir nun dos nosos últimos logros: a inclusión dos nosos preto de 6.490 volumes (contemplamos continuar medrando) da nosa biblioteca no proxecto MEIGA, polo tanto todos os nosos libros catalogados, inventariados e informatizados están contemplados nesta rede de bibliotecas galega, e contamos, asemade co apoio complementario da base de datos en Acces, Excel e no formato Filemaker pro 5.

Actualmente, estamos a traballar no intento de activar o sistema de préstamo e devolución a título persoal a través de carnet individuais dixitalizados. Todo o que queira proporcionarnos os seus datos e convertirse en usuari@ e soci@ da biblioteca VÍA MEIGA, pode pasarse polo CENTRAD a cubrir os datos nun ficheiro que será, despois, automaticamente informatizado.

Asemade, imos intentar unha ligazón nesta páxina web para que a xente poida ver os nosos fondos da biblioteca on-line. Trátase dunha ambiciosa idea que intentaremos acadar coa maior celeridade posible.

Dende o departamento Biblioteca e Arquivos do Centrad, agradecemos xentil e amablemente o tempo invertido en ler estas liñas e queremos que contén connosco como ferramenta de instrucción e tamén para asesoramento científico e bibliográfico, pois temos un amplo ficheiro de ISBN, etc. e un fondo de investigación que pretendemos incrementar, así como a posibilidade de crear un fondo e arquivo de documentación musical fusionado a estes outros documentos.

Archívos