ENTIDADE RESPONSABLE

Deputación de Lugo

ROL

Responsable do Tratamento

Encargado do Tratamento

ÁREA(S) RESPONSABLE

Benestar Social e Igualdade

FINALIDADE

Servizo de atención diúrna continua a persoas maiores de 60 anos, nun centro de atención a persoas maiores

No caso de dar o consentimento, uso de fotografías e/ou vídeos con fins de divulgación e información sobre o centro de atención diúrna

INTERESADOS

Cidadáns

Traballadores

CATEGORÍAS DE DATOS

Razón social

datos do representase legal

datos do proxecto económicos e técnicos

estatutos

certificados de débedas coas administracións

aplicación orzamentaria

importe da subvención

obxecto/actuación a subvencionar

anualidade de exeución

obrigas das partes

vixencia

Imaxes

BASE LEXITIMACIÓN

RGPD: 6.1.e) Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento

Lei 8/1989, de 15 de xuño, de delimitación e coordinación das competencias das Deputacións Provinciais de Galicia

Consentimento do interesado

DESTINATARIOS DE COMUNICACIÓN

Outras administracións

Cidadáns

No caso de dar o consentimento, as imaxes tomadas no desenvolvemento das actividades do centro poderán ser publicadas enmedios de comunicación e empregadas en xornadas informativas

 

TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS

 

Non previstas

PRAZO SUPRESIÓN

Os datos se conservarán durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación

MEDIDAS DE SEGURIDADE

Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE A PROTECCIÓN DOS SEUS DATOS PERSOAIS

Aos efectos previstos no “Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y el Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Reglamento General de Protección de Datos)”, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, proporciónaselle a seguinte información en relación ao tratamento dos seus datos.

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

A información facilitada no formulario é titularidade da DEPUTACIÓN DE LUGO, domiciliada en Rúa San Marcos, 8 – 27001 Lugo.

Para calquera información adicional pode realizar calquera consulta a través dos seguintes medios:

  • Teléfono: 982260000
  • Correo electrónico: protecciondatos@deputacionlugo.org
  • Fax: 982180004
  • Contacto DPD: dpd@deputacionlugo.org

FINALIDADE

Na DEPUTACIÓN DE LUGO tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas coa fin da xestión do servizo de atención integral continua a persoas maiores de 60 anos, nun centro de atención a persoas maiores.

No caso de dar o consentimento, uso de fotografías e/ou vídeos con fins de divulgación e información sobre o centro de atención diúrna.

Non está prevista a toma de decisións automatizadas ou a elaboración de perfís.

Os datos persoais das persoas interesadas na recepción de información manteranse no sistema de forma indefinida en tanto o interesado non solicite a súa supresión.

LEXITIMACIÓN

A lexitimación do tratamento dos seus datos persoais atopa o seu fundamento no tratamento necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento, así como no consentimento do interesado. Os datos persoais solicitados son de carácter obrigatorio, polo que a súa non cumprimentación supón a imposibilidade da súa inclusión nos ficheiros anteriormente descritos e o cumprimento das finalidades definidas no apartado anterior.

DESTINATARIOS

Está prevista a comunicación de datos a outras administracións e á empresa adxudicataria do servizo.

No caso de dar o consentimento, as imaxes tomadas no desenvolvemento das actividades do centro poderán ser publicadas en medios de comunicación e empregadas en xornadas informativas.

Non está prevista a transferencia internacional dos datos.

DEREITOS

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se, en DEPUTACIÓN DE LUGO, estamos tratando datos persoais que lles concirnan, ou non.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para o cumprimento das fins para os que foron recollidos e en cumprimento da lexislación vixente.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso, unicamente, se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. DEPUTACIÓN DE LUGO deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou no exercicio ou na defensa de posibles reclamacións.

Así mesmo, o interesado ten dereito a recibir os datos persoais que facilitou a DEPUTACIÓN DE LUGO nun formato estruturado, de uso común e lexible por máquina. Este último dereito quedará limitado polas seguintes excepcións: que os datos sobre os que recae este dereito foran facilitados pola persoa interesada; que os seus datos sexan tratados por DEPUTACIÓN DE LUGO de xeito automatizado (medios informáticos).