ENTIDADE RESPONSABLE

Deputación de Lugo

ROL

Responsable do Tratamento

ÁREA(S) RESPONSABLE

Servizo de RRHH

Administración RRHH

Servizo de Nóminas

FINALIDADE

Xestión de persoal, funcionario e laboral, destinado na Deputación de Lugo

Expediente persoal. Control horario. Incompatibilidades. Formación. Plans de pensións. Acción social. Prevención de riscos laborais

Emisión da nómina do persoal da Deputación de Lugo, así como de todos os produtos derivados da mesma

Xestión económica da acción social e obtención de estudos estatísticos ou monográficos destinados á xestión económica do persoal

Xestión da actividade sindical na Deputación de Lugo

Tramitación de expedientes de procesos selectivos

INTERESADOS

Persoal laboral e funcionario destinado na Deputación de Lugo e dos seus familiares

CATEGORÍAS DE DATOS

Nome e apelidos, DNI/ CIF/Documento identificativo, número de rexistro de persoal, número de Seguridade Social/ Mutualidade, dirección, firma e teléfono

Categorías especiais de datos: datos de saúde (baixas por enfermidade, accidentes laborais e grao de discapacidade, sen inclusión de diagnósticos), afiliación sindical, aos exclusivos efectos do pagos de cotas sindicais (no seu caso), representante sindical (no seu caso), xustificantes de asistencia de propios e de terceiros

Datos de características persoais: Sexo, estado civil, nacionalidade, idade, data e lugar de nacemento e datos familiares. Datos de circunstancias familiares: Data de alta e baixa, licenzas, permisos e autorizacións

Datos académicos e profesionais: Titulacións, formación e experiencia profesional

Datos de detalle de emprego e carreira administrativa. Incompatibilidades

Datos de control de presenza: data/hora entrada e saída, motivo de ausencia

Datos económico-financeiros: Datos económicos de nómina, créditos, préstamos, avais, deducións impositivas baixa de haberes correspondente ao posto de traballo anterior (no seu caso), retencións xudiciais (no seu caso), outras retencións (no seu caso). Datos bancarios

Outros datos: datos relativos á acción social, datos sobre sancións en materia de función pública

BASE LEXITIMACIÓN

6.1.b) Tratamento necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais

6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento

Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da Función Pública

Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do Estatuto Básico do Empregado Público

Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores

DESTINATARIOS DE COMUNICACIÓN

Instituto Nacional de Administración Pública

Rexistro Central de Persoal

Entidade a quen se encomende a xestión en materia de riscos laborais

Entidade a quen se encomende a xestión en materia de seguros de vida e eccidentes

Entidade xestora e depositaria do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado

Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Dirección Xeral de Costes de Persoal e Pensións Públicas

Organizacións sindicais

Entidades financeiras

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Intervención Xeral da Administración do Estado

Tribunal de Contas

 

TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS

 

Non previstas

PRAZO SUPRESIÓN

Os datos se conservarán durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación

Os datos económicos desta actividade de tratamento se conservarán ao amparo do disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria

MEDIDAS DE SEGURIDADE

Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade

 

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE A PROTECCIÓN DOS SEUS DATOS PERSOAIS

 

Aos efectos previstos no “Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y el Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Reglamento General de Protección de Datos)”, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, proporciónaselle a seguinte información en relación ao tratamento dos seus datos.

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

A información facilitada no formulario é titularidade da DEPUTACIÓN DE LUGO, domiciliada en Rúa San Marcos, 8 – 27001 Lugo.

Para calquera información adicional pode realizar calquera consulta a través dos seguintes medios:

  • Teléfono: 982260000
  • Correo electrónico: protecciondatos@deputacionlugo.org
  • Fax: 982180004
  • Contacto DPD: dpd@deputacionlugo.org

FINALIDADE

Na DEPUTACIÓN DE LUGO tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas coa fin da xestión de persoal, funcionario e laboral, destinado na Deputación de Lugo; Expediente persoal. Control horario. Incompatibilidades. Formación. Plans de pensións. Acción social. Prevención de riscos laborais; Emisión da nómina do persoal da Deputación de Lugo, así como de todos os produtos derivados da mesma; Xestión económica da acción social e obtención de estudos estatísticos ou monográficos destinados á xestión económica do persoal; Xestión da actividade sindical na Deputación de Lugo; Tramitación de expedientes de procesos selectivos.

Non está prevista a toma de decisións automatizadas ou a elaboración de perfís.

Os datos persoais das persoas interesadas na recepción de información conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

LEXITIMACIÓN

A lexitimación do tratamento dos seus datos persoais atopa o seu fundamento no cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento (Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local), e máis na execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais. Os datos persoais solicitados son de carácter obrigatorio, polo que a súa non cumprimentación supón a imposibilidade da súa inclusión nos ficheiros anteriormente descritos e o cumprimento das finalidades definidas no apartado anterior.

DESTINATARIOS

Está prevista a publicación na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Lugo, así como a comunicación ás entidades recollidas na táboa anterior.

Non está prevista a transferencia internacional dos datos.

DEREITOS

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se, en DEPUTACIÓN DE LUGO, estamos tratando datos persoais que lles concirnan, ou non.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para o cumprimento das fins para os que foron recollidos e en cumprimento da lexislación vixente.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso, unicamente, se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. DEPUTACIÓN DE LUGO deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou no exercicio ou na defensa de posibles reclamacións.

Así mesmo, o interesado ten dereito a recibir os datos persoais que facilitou a DEPUTACIÓN DE LUGO nun formato estruturado, de uso común e lexible por máquina. Este último dereito quedará limitado polas seguintes excepcións: que os datos sobre os que recae este dereito foran facilitados pola persoa interesada; que os seus datos sexan tratados por DEPUTACIÓN DE LUGO de xeito automatizado (medios informáticos).