Protección de Datos

O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos, e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter persoal e Xestión dos Dereitos Dixitais, regulan actualmente a protección das persoas físicas no relativo ao tratamento de datos persoais, dereito fundamental recollido no artigo 18.4 da Constitución Española.

Este espazo, que a Deputación de Lugo pon ao dispor do cidadán, contén información achega do tratamento dos datos persoais que esta entidade realiza, aplicando así os principios que imperan no RGPD e a LOPDGDD. A Deputación de Lugo quere facilitar un acceso áxil e rápido ás principais informacións relativas aos tratamentos de datos que realiza e aos dereitos que asisten ás persoas interesadas, para que estas poidan controlar de maneira efectiva os seus datos persoais.

Definicións de interese

Datos persoais: toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable («o interesado»); considerarase persoa física identificable toda persoa cuxa identidade poida determinarse, directa ou indirectamente, en particular mediante un identificador, por exemplo un nome, un número de identificación, datos de localización, un identificador en liña ou un ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social da devandita persoa.

Tratamento: calquera operación ou conxunto de operacións realizadas sobre datos persoais ou conxuntos de datos persoais, xa sexa por procedementos automatizados ou non, como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.

Responsable do tratamento: a persoa física ou xurídica, autoridade pública, servizo ou outro organismo que, só ou xunto con outros, determine os fins e medios do tratamento; se o Dereito da Unión ou dos Estados membros determina os fins e medios do tratamento, o responsable do tratamento ou os criterios específicos para o seu nomeamento poderá establecelos o Dereito da Unión ou dos Estados membros.

Encargado do tratamento: a persoa física ou xurídica, autoridade pública, servizo ou outro organismo que trate datos persoais por conta do responsable do tratamento.

Destinatario: a persoa física ou xurídica, autoridade pública, servizo ou outro organismo ao que se comuniquen datos persoais, trátese ou non dun terceiro. Con todo, non se considerarán destinatarios as autoridades públicas que poidan recibir datos persoais no marco dunha investigación concreta de conformidade co Dereito da Unión ou dos Estados membros; o tratamento de tales datos polas devanditas autoridades públicas será conforme coas normas en materia de protección de datos aplicables aos fins do tratamento.

Consentimento do interesado: toda manifestación de vontade libre, específica, informada e inequívoca pola que o interesado acepta, xa sexa mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, o tratamento de datos persoais que lle conciernen.

Responsable do tratamento

Deputación de Lugo

Rúa San Marcos, 8 27001 Lugo

Teléfono: 982260000

Correo electrónico: protecciondatos@deputacionlugo.org

Fax: 982180004

Delegado de Protección de Datos (DPD)

O Delegado de Protección de Datos (DPD) da Deputación de Lugo é a persoa encargada de supervisar o cumprimento da normativa de protección de datos na entidade. No RGPD sinálanse como as súas funcións as seguintes:

  • Informar e asesorar á persoa responsable ou encargada do tratamento e o persoal empregado que se ocupe do tratamento dos deberes que lles afecten, en virtude do RGPD e da LOPDGDD.
  • Supervisar o cumprimento do disposto no RGPD e na LOPDGDD, e das políticas da persoa responsable ou da encargada do tratamento en materia de protección de datos persoais. As persoas interesadas poderán contactar co DPD da Deputación de Lugo a través do correo electrónico dpd@deputacionlugo.org

Rexistro de Actividades de Tratamento

O rexistro de actividades do tratamento de datos persoais ten como obxectivo que os interesados propietarios dos datos poidan coñecer da forma máis exacta posible para que se están utilizando os datos persoais que comunicé á Deputación de Lugo e que se fai con eses datos. Así, en cada actividade de tratamento existe información sobre os seguintes aspectos:

  • Entidade responsable
  • Finalidade
  • Interesados
  • Categorías de datos
  • Base de lexitimación
  • Destinatarios
  • Transferencias internacionais
  • Prazo de supresión
  • Medidas de seguridade
  • Dereitos

Consultar o rexistro de actividades do tratamento de datos persoais da Deputación de Lugo.

Dereitos: como exercer os dereitos

A normativa recoñece uns dereitos que permiten ás persoas garantir un control efectivo sobre os seus datos. Estes dereitos, que só poden ser exercidos pola persoa interesada ou por un representante debidamente acreditado pola lei, son os seguintes:

DEREITO MODELO FORMULARIO
Acceso Formulario dereito acceso [PDF]
Rectificación Formulario dereito rectificación [PDF]
Supresión (dereito ao aolvido) Formulario dereito supresión [PDF]
Limitación Formulario dereito limitación [PDF]
Portabilidade Formulario dereito portabilidade [PDF]
Oposición Formulario dereito oposición [PDF]

 

Dado o volume dos datos tratados, cando o exercicio de dereitos non concrete sobre que tratamentos quérese exercer o dereito, a Deputación de Lugo requirirá á persoa interesada coa fin de que o concrete. Entenderanse como desistidos os exercicios non concretados en tempo e forma.

Poderanse rexeitar de forma argumentada as peticións de acceso excesivas ou desproporcionadas, de acordo co previsto na normativa vixente.

A persoa interesada poderá exercer en todo momento os dereitos que garanten o control dos seus datos persoais: dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad e oposición do tratamento, previstos na normativa vixente, enviando a súa solicitude á dirección da Deputación de Lugo —Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo—, entregando os formularios cubertos coa correspondente documentación requirida no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo ou mediante a sede electrónica da entidade (https://sede.deputacionlugo.org), no caso de que dispoña de certificado electrónico.

A Deputación de Lugo informaralle sobre as actuacións derivadas da súa petición no prazo dun mes. Se se trata de peticións especialmente complexas, o prazo pódese ampliar segundo o estipulado na normativa vixente, previa notificación á persoa interesada das causas que o motiven. En caso contrario, entenderase desestimada a solicitude, polo que se poderá interpoñer a oportuna reclamación ante o delegado de protección de datos da Deputación de Lugo ou a autoridade de control competente (Axencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es)).

Normativa de aplicación:


Interoperabilidade

De acordo co artigo 28.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas os interesados non estarán obrigados a achegar documentos que fosen elaborados por calquera Administración, con independencia de que a presentación dos citados documentos teña carácter preceptivo ou facultativo no procedemento de que se trate, sempre que o interesado expresase o seu consentimento a que sexan consultados ou solicitados os devanditos documentos. Presumirase que a consulta ou obtención é autorizada polos interesados salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa ou a lei especial aplicable requira consentimento expreso.

A Resolución de 28 de xuño de 2012, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se aproba a Norma Técnica de Interoperabilidade de Protocolos de intermediación de datos; establece o modelo operativo da interoperabilidade a nivel nacional, así como os roles e actores que participan durante a realización dunha consulta interoperabilidade.

A Deputación de Lugo aproba, por resolución de presidencia con data 15 de febreiro de 2019, o catálogo de procedementos e servizos que realiza e as necesidades de consumo de servizos de consulta de información a outros organismos que cada un pode precisar durante a súa tramitación. 


Seguridade da información

Na seguinte ligazón pode descargar e consultar a Política de Seguridade da Información e Protección de Datos da Deputación de Lugo