ENTIDADE RESPONSABLE |
Deputación de Lugo |
ROL |
Responsable do Tratamento |
ÁREA(S) RESPONSABLE |
Rexistro Xeral |
FINALIDADE |
Toma de datos dos documentos que entran e saen da Deputación. Toma de datos persoais dos interesados. |
INTERESADOS |
Cidadáns Traballadores |
CATEGORÍAS DE DATOS |
Nome Apelidos DNI/NIF Correo electrónico Enderezo Razón social Teléfono Datos de saúde Datos bancarios |
BASE LEXITIMACIÓN |
RGPD.6.1.c) o tratamento é necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento |
DESTINATARIOS DE COMUNICACIÓN |
Outras áreas da Deputación |
TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS
|
Non previstas, pero é posible a súa transferencia a organismos internacionais |
PRAZO SUPRESIÓN |
Os datos se conservarán durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación |
MEDIDAS DE SEGURIDADE |
Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade |
Aos efectos previstos no “Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y el Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Reglamento general de protección de datos)”, proporciónaselle a seguinte información en relación ao tratamento dos seus datos.
RESPONSABLE DO TRATAMENTO
A información facilitada no formulario é titularidade da DEPUTACIÓN DE LUGO, domiciliada en Rúa San Marcos, 8 – 27001 Lugo.
Para calquera información adicional pode realizar calquera consulta a través dos seguintes medios:
FINALIDADE
Na DEPUTACIÓN DE LUGO tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas coa fin da toma de datos dos documentos que entran e saen da Deputación e dos datos persoais dos interesados.
Non está prevista a toma de decisións automatizadas ou a elaboración de perfís.
Os datos persoais das persoas interesadas manteranse no sistema durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos, ou ata que o interesado solicite a súa supresión. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos.
LEXITIMACIÓN
A lexitimación do tratamento dos seus datos persoais atopa o seu fundamento no cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento. Os datos persoais solicitados son de carácter obrigatorio, polo que a súa non cumprimentación supón a imposibilidade da súa inclusión nos ficheiros anteriormente descritos e o cumprimento das finalidades definidas no apartado anterior.
DESTINATARIOS
Non está prevista a comunicación de datos a terceiros.
Non está prevista, pero é posible que se produza transferencia de datos a organismos internacionais.
DEREITOS
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se, en DEPUTACIÓN DE LUGO, estamos tratando datos persoais que lles concirnan, ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para o cumprimento das fins para os que foron recollidos e en cumprimento da lexislación vixente.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso, unicamente, se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. DEPUTACIÓN DE LUGO deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou no exercicio ou na defensa de posibles reclamacións.
Así mesmo, o interesado ten dereito a recibir os datos persoais que facilitou a DEPUTACIÓN DE LUGO nun formato estruturado, de uso común e lexible por máquina. Este último dereito quedará limitado polas seguintes excepcións: que os datos sobre os que recae este dereito foran facilitados pola persoa interesada; que os seus datos sexan tratados por DEPUTACIÓN DE LUGO de xeito automatizado (medios informáticos).