Cultura
Deputación de Lugo

Ducias de persoas reviven os comezos do S.XX coa Feira Indiana de Santaballa coa que colabora a Deputación

cultura
feira indiana
Feira Indiana Santaballa
- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este sábado nas VIII Xornadas sobre Migracións Indianas- Feiras Indianas.

- O Goberno da Deputación é o principal impulsor deste cita, xa que colabora coa Asociación Amigos da Liga Santaballesa cunha achega de 2.000 euros, e tamén a través do CENTRAD cunha demostración de olaría, unha actividade enmarcada no Programa de Promoción da Artesanía.

Vidal Baamonde remarcou que “esta nova edición convertese nunha cita sinalada no calendario para os veciñas e veciñas de Vilalba, xa que é a parroquia de Santaballa engalanase para voltar a principios do s.XX, e revivir aquela época das migracións. Exposicións, xantar popular, postos de venda, demostracións de artesanía, fútbol, talleres para nenos e actuacións de música tradicional coa Charanga Santa Campaña, Entre Lusco e Fusco e Cé Orquestra Pantasma, son só algunhas das actividades que compoñen estas iniciativa”.