Cultura
Deputación de Lugo

A Deputación publica o catálogo da obra de Roberto González exposta na Rede Museística da Deputación

cultura
museo
Presentación catálogo Roberto González
García Porto presentou no Museo Provincial “Control”, a nova edición promovida pola Goberno da Deputación. Conta con textos de Javier Mazorra, María José Fernández, Marica Campo, Olalla Cociña e Olga Novo

Nesta edición recóllense as obras da instalación que o autor monfortino expuxo ao longo deste ano na Rede Museística, coa que propón reflexionar sobre a imaxe como comunicación, como símbolo que representa as formas históricas de relación social, especialmente as de control desde as diferentes formas de poder

Ademais, Roberto González doou aos fondos do Museo unha das súas pezas, que leva por titulo W-DV-MZ Diseñador. Un retrato de Manuel Martínez coñecido como “Manu”, deseñador e fundador de TATATA Comunicación, falecido este mesmo ano

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este mércores no Museo Provincial o catálogo da obra de Roberto González, exposta na Rede Museística da Deputación. Baixo o titulo “Control”, recolle o novo proxecto do artista monfortino que se exhiben nos catro museos ao longo deste ano. Conta con textos de Javier Mazorra, María José Fernández,  Marica Campo, Olalla Cociña e Olga Novo. No acto participaron o autor Roberto González, a Coordinadora do proxecto, Encarna Lago González, e a Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García.

Nesta edición recóllense as obras da instalación que o autor monfortino expuxo ao longo deste ano na Rede Museística, coa que propón reflexionar sobre a imaxe como comunicación, como símbolo que representa as formas históricas de relación social, especialmente as de control desde as diferentes formas de poder.

A Deputada explicou que o Goberno da Deputación “continua co seu traballo de recoñecemento á traxectoria dos artistas lucenses, neste caso o de Roberto González, a través desta publicación damos a coñecer a obra deste monfortino por todo o mundo, e que ademais expón na Rede Museísitica, cun discurso transgresor sobre os xeitos de control por parte das institucións”.  

García Porto agradeceu o traballo e a implicación de González ao longo destes anos no proxectos artísticos da Rede Museística Provincial. “A partir de agora a túa obra quedará pendurada para sempre nos museos da Deputación. Gracias polo teu traballo que estou segura que nos seguirá deparando novas e arriscadas sorpresas”, resumiu.

Doazón dunha obra
Roberto González aproveitou este acto para doar unha das súas obras aos fondos da Rede Museistica da Deputación. Unha peza que leva por titulo W-DV-MZ Diseñador. Un retrato de Manuel Martínez coñecido como “Manu”, deseñador e fundador de TATATA Comunicación, falecido este mesmo ano.

Bolseiro en Nova York
Roberto González Fernández (Monforte de Lemos, 1948). Entre 1969 e 1974 estuda na Escola de BB. AA. de San Fernando de Madrid. Trasládase a Edimburgo en 1977 e desde 1982 alterna a súa residencia e traballo entre esta cidade e Madrid. En 1984 é bolseiro por “The New York Foundation for the Arts”. Artista multidisciplinar interesado pola pintura como medio para expresar ideas e sentimentos, o seu estilo podería definirse como unha mestura entre formulacións conceptuais e realistas. Desde os seus comezos móstrase interesado pola figura humana, sempre constante ao longo da súa traxectoria e o modo de reflectir pictoricamente a vida interior dos seus personaxes. A preocupación do autor polo espazo e polo tempo faise evidente tanto no estilo narrativo da súa obra como na organización seriada do seu traballo, cada nova invención procrea universos temporais e espaciais propios. Nos últimos anos e paralelamente á pintura desenvolveu numerosas series a través de tecnoloxías innovadoras incluída a súa páxina web na que presenta proxectos especialmente realizados para ela.

 

Presentación catálogo Roberto González