Cultura
Deputación de Lugo

Deputación e UNED renovan a súa colaboración para promover a actividade das asociacións da provincia

UNED
cultura
Convenio UNED
O Voceiro do Goberno e a Directora do Centro asinaron este novo convenio de 25.000 euros que permitirá difundir a actividade do tecido cultural lucense entre a veciñanza a través dos novos soportes dixitais

Santos Ramos explicou que “Deputación, UNED e as asociacións culturais unímonos co obxectivo de crear un capital cultural dixitalizado, dispoñible para os cidadáns a través dos medios de comunicación 2.0. Buscamos seguir impulsando o desenvolvemento cultural lucense, achegando á cidadanía a labor destes colectivos”

O Cultura Dixital é unha iniciativa que conta cun total de 76 entidades asociadas que, a través da páxina www.lugoculturadixital.es; e das redes sociais Twitter @LugoCultura_Dix e Facebook @lugoculturadixital, se promove a súa actividade cultural, datos, eventos...

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, mantivo este mércores un encontro con alumnos e profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), nas novas instalacións que dispón o centro no antigo Hotel Miño, e que financiou o Goberno Provincial con 2 millóns de euros. Fíxoo logo de asinar un convenio de colaboración dotado de 25.000 euros que permitirá continuar a desenvolver o proxecto Cultura Dixital, unha iniciativa de comunicación coa que se promociona a actividade do tecido asociativo do conxunto do territorio lugués, a través dunha páxina web e de redes sociais. Na visita, estivo acompañado do Voceiro do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e da Directora do centro asociado desta institución en Lugo, Ana Traseira Pena. 

Santos Ramos explicou que “decidimos renovar a nosa colaboración coa UNED por tratarse dun proxecto co que se dá maior visibilidade ás programacións e actividades organizadas por todas as asociacións e colectivos culturais existentes da provincia de Lugo a través da páxina web (www.lugoculturadixital.es) así como das súas redes sociais. Deputación, UNED e as asociacións culturais unímonos co obxectivo de crear un capital cultural territorial dixitalizado, dispoñible para os cidadáns a través dos medios de comunicación 2.0. Buscamos seguir impulsando o desenvolvemento cultural lucense, achegando á cidadanía a labor destes colectivos. É ademais unha oportunidade única pois ampliase o público potencial ao ámbito universitario, o que permite chegar a máis xente”. 

Traseira Pena subliñou que a través desta colaboración entre a Deputación e a UNED “poñemos en valor a enorme labor do tecido asociativo da provincia de Lugo, que posúe e ofrece á cidadanía un amplo catálogo cultural. É o noso deber, polo tanto, promovela e difundila”. 

76 entidades asociadas
O Cultura Dixital é unha iniciativa que conta cun total de 76 entidades culturais asociadas que, a través da páxina www.lugoculturadixital.es; así como das redes sociais Twitter @LugoCultura_Dix e Facebook @lugoculturadixital, se promove a súa actividades, a través de publicacións de difusión da súa actividade cultural, a recompilación dos seus datos principais e a promoción de informacións de índole cultural que teñan un interese xeral para a poboación. Pódese consultar a lista de entidades asociados no seguinte enlace: http://www.lugoculturadixital.es/directorio/page/2/?lang=es 

Instalacións pioneiras
O Goberno da Deputación investiu 2 millóns de euros para converter o antigo Hotel Miño na nova sede da UNED de Lugo. É o centro de referencia da Universidade a Distancia no noroeste de España, pois son unhas instalacións pioneiras e de primeiro nivel en Galicia, Castela, Léon, Asturias e Extremadura que acollen a preto de 2.000 alumnos na UNED. Foi, ademais, un novo exemplo da recuperación e posta en valor do patrimonio provincial, dotándoo de uso público. Converter o Hotel Miño na nova sede da UNED en Lugo produciu claras vantaxes, como a económica, pois afórranse os 105.000 euros do alugar do edificio Forcam; ou de espazo, pois ten capacidade para albergar a máis alumnos. Estas instalacións serviron para a adaptación do centro ó novo marco universitario europeo, consolidación da existencia da UNED en Lugo coa permanencia da sede.