Cultura
Deputación de Lugo

Comeza en Lugo o primeiro simposio internacional sobre a ourivería galega que promove o Goberno da Deputación

Simposio Internacional
Ourivería
Simposio internacional sobre a ourivería galega
García Porto, Fernández Méndez, Balseiro García, Rodríguez López e Valcarcel Armesto, inauguraron este congreso que se celebra dende hoxe ata venres, asisten 140 participantes, e interveñen os mellores expertos nesta materia. Toda a información cos relatorios esta dispoñible en https://www.arqueoloxiaouro.org/

A lección inaugural correu a cargo do ourensán Marcos Martinon –Torres, quen asumiu recentemente a Cátedra Pitt-Rivers de Ciencia Arqueolóxica, na Universidade de Cambridge, despois de varios anos liderando un grupo internacional de investigadores como Profesor of Archaeological Science na University College London

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos o Congreso Internacional sobre a ourivería galega que se celebra dende hoxe ata venres, e que promove o Goberno da Deputación. Esta iniciativa cultural, á que asisten 140 persoas, conta co apoio europeo da AEPC 2018. Ao acto de inauguración asistiron tamén o Tenente de Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto e a Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García.
    
A Deputada explicou que “é a primeira vez se celebra en Galicia un simposio internacional sobre a ourivería galega, polo tanto estamos diante dunha iniciativa cultural de primeiro nivel, na que ademais interveñen os mellores expertos nesta materia. E facémolo para poñer en valor os recursos patrimoniais e arqueolóxicos que posúemos na provincia, e coa que tratamos de promover e difundir a ourivaría antiga como fonte de información e documentación”.

García Porto deu a benvida a todos os participantes e poñentes neste simposio internacional, e agradeceu a implicación e o traballo de todo o equipo da Rede Museística da Deputación na realización deste novo proxecto. “Estou convencida de que esta cita contribuirá a difundir, relacionar e poñer en valor as coleccións de ourivería antiga do noso Museo, e ao mesmo servirá para coñecer as diferentes aportacións científicas existentes relacionados co ouro antigo”.

Conferencia Inaugural


A Conferencia inaugural deste Congreso foi impartida polo ourensán Marcos Martinon –Torres, quen asumiu recentemente a Cátedra Pitt-Rivers de Ciencia Arqueolóxica, na Universidade de Cambridge, despois de varios anos liderando un grupo internacional de investigadores como Profesor of Archaeological Science na University College London. O seu traballo céntrase na análise científica de artefactos arqueolóxicos, buscando pistas para investigar a súa fabricación, orixes ou datas. Traballou en proxectos de investigación en Europa, América, Asia e África, e os seus proxectos máis destacados concentrarse hoxe sobre Exército de Terracota de China, e ouro precolombino en Sudamérica. É autor de máis de 120 publicacións, deu conferencias públicas en máis de 20 países e apareceu en varios documentais de televisión difundidos internacionalmente.

Programa


Toda a información relacionada co Congreso e cos relatorios que se presentan está dispoñible na seguinte dirección:  https://www.arqueoloxiaouro.org/

MÉRCORES 7
19:00 h. Presentación oficial do congreso.
Conferencia inaugural:
Marcos Martinón-Torres. O ouro de El Dorado: verdades e mentiras sobre unha historia lendaria..

XOVES 8
9:00-9:30h. Recepción de participantes e apertura do congreso científico.
1ª SESIÓN TEMÁTICA: Terra auris. Paisaxe aurífera e circulación do ouroModera: Marcos Martinón-Torres
9:30-10:00h. Chris Standish: O uso da xeoquímica isotópica na localización da circulación prehistórica do ouro: visións desde Irlanda e Gran Bretaña.
10:00-10:30h. Ernst Pernicka:Ferramentas xeoquímicas en busca do ouro.
10:30-11:00h. Óscar García Vuelta:Evidencias de intercambio e acumulación de metais preciosos no noroeste peninsular entre o final da II Idade do Ferro e o comezo da romanización: os lingotes plano-convexos.
11:00-11:30h. F. Javier Sánchez-Palencia, Brais X. Currás, Damián Romero: O bateo dos praceres fluviais como explotación e prospección en tempos prehistóricos e antigos.
11:30-12:00h. Pausa café.
2ª SESIÓN TEMÁTICA: Tecnoloxía da ourivería antiga: novas contribucións Modera: Xosé Lois Armada
12:00-12:30h. Bárbara Armbruster: Ouro nos inicios da metalurxia: Ourivería no cemiterio calcolítico de Varna, Bulgaria.

 

Simposio internacional sobre a ourivería galega
Simposio internacional sobre a ourivería galega