Cultura
Deputación de Lugo

O simposio internacional de arqueoloxía do ouro defende a difusión do noso patrimonio e incentivar o seu estudo

cultura
Congresos
Congreso de Arqueoloxía do ouro
Fernández Queipo e García Porto, Gonzalez Abelleira e Balseiro García, clausuraron o primeiro Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro, que promoveu o Goberno da Deputación, no que participaron 140 asistentes

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, abriu a porta para celebrar unha segunda edición deste encontro “tralo éxito rotundo destas xornadas que se celebraron por primeira en Galicia”

O comité científico sinala, nas súas conclusións, que a arqueoloxía do ouro a nivel internacional, consolidase como unha disciplina con presente e futuro en Galicia

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto coa Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, e a Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García, clausuraron este venres, no Salón de Actos da Deputación, o primeiro Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro, que se celebrou co apoio do organismo provincial. Ao remate do acto, os 140 participantes recibiron un diploma acreditativo destas xornadas.

Na súa intervención, Fernández Queipo, defendeu que, ao longo de máis de 20 relatorios, puxéronse en valor os recursos arqueolóxicos e patrimoniais da provincia de Lugo, polo que esta iniciativa contribuíu a difundir e promover as coleccións de ourivería antiga do Museo Provincial, ao tempo que serviu para dar a coñecer as diferentes achegas científicas existentes relacionadas co ouro antigo.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, abriu a porta para celebrar unha segunda edición deste encontro “tralo éxito rotundo destas xornadas que se celebraron por primeira en Galicia”. Ademais avanzou que “este Congreso tamén contribuíu a descubrir os nosos recursos patrimoniais, como por exemplo na Pontenova, co novo achado das minas romanas, realizadas polo investigador Francisco Javier Sánchez Palencia, que participa neste simposio”.

Comité científico
Este simposio internacional contou co seguinte comité científico; a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro; a profesora da Universidade de Vigo, Beatriz Comendador; da Universidade de Cambridge, Marcos Martinon-Torres; do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC), Xose Lois Armada, e da USC, Ana Goy.

Conclusións
Nesta xornada de clausura, o comité organizador, avanzou as seguintes conclusións;

  • Por unha banda acadáronse os obxectivos marcados neste congreso, como a presentación de aportacións científicas de investigadores, así como a actualización e difusión de traballos realizados no campo da Arqueoloxía. Ademais de analizar o pasado e o presente do estudo dos bens suntuarios (áureos) e apuntar as perspectivas de futuro. Tamén se difundiu as coleccións de ourivería pre/protohistórica dos museos e coleccións públicos e privados, e púxose en valor a ourivería antiga como fonte de información e documentación.
     
  • O comité científico demanda ademais que se realicen e incentiven novos estudos de novos investigadores. E tamén, que se poña en valor o noso patrimonio da arqueoloxía do ouro. Por último sinalan que a arqueoloxía do ouro a nivel internacional (europeo), consolidase como unha disciplina con presente e futuro en Galicia.