Cultura
Deputación de Lugo

A Deputación renova o seu compromiso co galego cun convenio de 9.000 euros coa Real Academia Galega

RAG
cultura
Convenio coa a RAG
O Goberno apoia e promove as labores desta institución centenaria para o fomento da cultura galega e a protección e estudo do idioma, cunha achega anual de 9.000 euros

García Porto subliñou que “este acordo é un paso máis no noso compromiso coa lingua, piar fundamental da cultura galega. Dende a Deputación queremos facer todo o posible para frear o descenso de falantes, sobre todo entre a xente nova das zonas urbanas”

Este convenio súmase ao resto das iniciativas levadas a cabo pola Deputación durante este ano co fin de pór en valor o galego como o proxecto comunitario para promocionar a literatura entre os colectivos vulnerables, xunto coa Fundación Uxío Novoneyra, ou o convenio coa Asociación de Escritores en Lingua Galega

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, e a Tesoureira, Marilar Aleixandre, asinaron a renovación do convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e a RAG. O Goberno Provincial apoia e promove as labores desta institución centenaria para o fomento da cultura galega e a protección e estudo do idioma galego, cunha achega anual de 9.000 euros.

García Porto subliñou que “este acordo é un paso máis no noso compromiso coa lingua, piar fundamental da cultura galega. Dende a Deputación queremos facer todo o que este nas nosas mans para frear o descenso de falantes, sobre todo entre a xente nova das zonas urbanas. Tamén queremos pór en valor unha lingua que nos une co mundo, pois a intercomprensibilidade co Portugués achéganos a 250 millóns de persoas”.

A Deputación renova así o seu compromiso coa lingua galega, que segue a perder falantes entre as xeracións máis novas. Nunha década (2003-2013) estimase que descendeu en 280.000 o número de galegofalantes habituais. As estatísticas tamén indican que o nivel de coñecemento do galego é alto. Nove de cada dez galegos non teñen problemas para falar galego, o que supón que ten un coñecemento pasivo que se podería activar se se introducisen medidas claras que favorecesen o seu uso.

Compromiso do Executivo coa lingua
Este convenio súmase ao resto das iniciativas levadas a cabo pola Deputación durante este ano co fin de pór en valor o galego e converter a Lugo nun referente da cultura e a literatura.

Así, algunhas das iniciativas deste ano foron: o proxecto comunitario para promocionar a literatura entre os colectivos vulnerables xunto coa Fundación Uxío Novoneyra, dotado con 335.000 euros; o convenio de 25.000 euros coa Asociación de Escritores en Lingua Galega que organizaron conxuntamente a Xornada de Literatura Oral, as diferentes Feiras do Libro que se celebran na Provincia en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, ou diversos premios literarios como o Leiras Pulpeiro ou o Noriega Varela.

Convenio coa a RAG