Cultura
Deputación de Lugo

A Gala de entrega de Premios pon fin ao II Certame Concello de Lourenzá de teatro amador

Lourenzá
teatro amador
Imaxe deputación de lugo
As representacións das o obras participantes celebráronse as fines de semana do mes de novembro, comezando o venres 2 e rematando o domingo 25. Foron un éxito de público, as dúas primeiras chegaron a esgotar as entradas

A Gala celebrouse este domingo as 19:00h nunha carpa climatizada situada no Campo do Bolo. Durante o acto a compañía profesional Arte Estudio Teatro representou unha adaptación dos Feirantes de Cunqueiro

Este domingo celebrouse a Gala de entrega de Premios do II Certame de teatro amador de Lourenzá, co que colabora o Goberno da Deputación. Nesta segunda edición participaron 8 compañías de toda a xeografía galega. A Gala tivo lugar as 19:00h nunha carpa climatizada instalada no Campo do Bolo. Durante o acto a compañía profesional Arte Estudio Teatro representou unha adaptación dos Feirantes de Cunqueiro.

Nesta edición, como novidades, incluíuse un premio do Publico, e ademais a dotación do Premio Conde Santo á mellor representación, aumentou a súa contía ata acadar os 750€, os premios restantes galardoan as mellores actuacións principais e secundarias e a mellor posta en escena. As representacións, celebradas durante as fines de semana de novembro, foron un éxito de público.

Todas as agrupacións que representaron as súas obras no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá e contaron cun financiamento de 300€ en concepto de participación, desprazamentos, montaxe e outros gastos derivados.