Cultura
Deportes e mocidade

O CENTRAD celebra mañá o X aniversario da súa Colección de instrumentos musicais cunha xornada de portas abertas

CENTRAD
Colección de instrumentos
O CENTRAD celebra mañá o X aniversario da súa Colección de instrumentos musicais cunha xornada de portas abertas
É o conxunto máis importante de réplicas de instrumentos dos s. XII e XIII que se pode atopar en Europa. Nas salas do CENTRAD atópanse ademais coleccións de Libro, de Traxe, Cestería e Olería Tradicional

Pilar García Porto, convidou a todos os lucenses “a achegarse a esta colección visitable, que durante toda a xornada contará con visitas guiadas, agasallos e obradoiros para os máis pequenos”. O horario será de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, convidou a todos os lucenses a asistir este martes a Xornada de Portas Abertas do CENTRAD con motivo do X aniversario do recoñecemento como Colección Visitable da Colección de instrumentos musicais e Arquivo documental, que alberga o conxunto máis importante de réplicas de instrumentos dos séculos XII e XIII que se pode atopar en Europa.

O Centro de Artesanía e Deseño ten como obxectivo a promoción, conservación e fomento dos oficios e da cultura así como a mellora dos obradoiros artesáns de toda a provincia. Nas súas salas atópanse ademais coleccións de Libro, de Traxe, Cestería e Olería Tradicional.

Todos os visitantes que se acheguen nesta xornada serán atendidos por persoal técnico do CENTRAD, e terán visitas guiadas, ademais, os máis pequenos gozarán de agasallos e obradoiros que porán en valor o traballo do Centro e das súas coleccións. O horario de visita, completamente gratuíta, será de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.