Arrinca o Congreso Internacional Musapalabra, que afonda na xestión dos museos como espazos de cohesión social
García Porto subliñou que “este congreso está destinado a reforzar o compromiso social dos museos, que deben deixar atrás o seu rol tradicional e converterse en espazos de transformación social e cultural”
O congreso enmárcase dentro do proxecto Cultura en diálogos iniciado en 2000, que gañou o Premio Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017. Nel participan diferentes museos españois, americanos e europeos, coa intención de establecer canles de diálogos entre ambos os dous continentes e construír colaboracións entre a Rede Museística Provincial e asociacións de inmigrantes en América do Sur
Celebrase dende hoxe ata ao 18 de decembro, coincidindo a súa clausura co Día Internacional do Migrante. Os relatorios e mesas redondas xirarán en torno aos problemas das persoas que migran desde diferentes perspectivas
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este venres no Museo Provincial, o Congreso Internacional Musapalabra. Museos Mediadores. Oficio de palabreros en libertad. Educa, media, comunica e xestiona. No acto, estivo acompañada pola Xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e coordinadora do proxectoCulturas en Diálogo, no que se enmarca este encontro e Víctor Fraga Gayoso. “Un dos eixes deste congreso xirará en torno á necesidade de facer dos museos novos espazos educativos e convertelos en plataformas de socialización e construción de coñecemento dentro da estrutura institucional. Ademais, falarase de modelos de traballo en rede, coa colaboración entre profesionais de distintos ámbitos, o educativo, o terceiro sector, museos, artístico e a sociedade en xeral, para a reflexión, o intercambio de opinión no referente á transformación dos museos en espazos de cohesión social”, sinalou Porto.
A Deputada remarcou que “a inserción dos espazos museísticos como axentes implicados no cambio social é primordial para articular unha sociedade máis xusta e máis igualitaria. Por iso, este congreso está destinado a reforzar o compromiso social dos museos, que deben deixar atrás o seu rol tradicional e converterse en espazos de transformación social e cultural. Deben ser institucións vivas e xeradoras e impulsoras de desenvolvemento, ao servizo dunha sociedade mellor”.
Un dos obxectivos da presentación, acordes coa Rede Museística, é repensar o rol dos espazos museísticos na sociedade, deseñar propósitos estratéxicos e inclusivos e identificar cambios e tendencias innovadoras que podan contribuír a unha cohesión social.
Proxecto Culturas en Diálogo
O congreso enmárcase dentro do proxecto Cultura en diálogos iniciado en 2000, que gañou o Premio Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017. Nel participan diferentes museos españois, americanos e europeos, coa intención de establecer canles de diálogos entre ambos os dous continentes e construír colaboracións entre a Rede Museística Provincial e asociacións de inmigrantes en América do Sur.
Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía
A celebración deste congreso é o broche de ouro que pon fin a este proxecto, iniciado en 2000, e é o punto de partida para a XX Conferencia Internacional de MINOM (Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía), que se celebrará en Lugo durante o primeiro trimestre de 2019, e durante o cal os museos da provincia se converterán nun lugar de encontro para profesionais de prestixio de museos de todo o mundo.
A Deputación de Lugo é a única institución en España que traballa de xeito permanente dende os catro museos provincias con este modelo de sociomuseoloxía, que comparte co MINOM. Trátase dun modelo que estudan 9 universidades e 11 países e que fixo da Rede Museística Provincial un referente na corrente da Museoloxía Social en Europa.
O MINOM é unha rama do Consello Internacional de Museos (ICOM) que busca que as institucións museísticas xeren accións patrimoniais nas que se impliquen aos colectivos sociais. Sobre esta situación, García Porto destacou que a decisión do MINOM de celebrar a súa Conferencia en 2019 supón un recoñecemento a nivel internacional do traballo realizado nos últimos anos pola Rede Museística da Deputación de Lugo, así como a proxección mundial desta rede, pioneira a nivel de Galicia no eido da Museoloxía Social.
Programa
O congreso terá lugar dende hoxe ata o 18 de decembro, coincidindo a súa clausura co Día Internacional do Emigrante. Durante as xornadas, desenvolveranse numerosos relatorios, encontros, exposicións, presentacións e mesas redondas sobre migración desde diferentes perspectivas.
Venres 14
16:00h.-Entrega de material do congreso presencial e virtual.
16:30h.-Acto de inauguración.
17:00h.- Terceiro Sector e migración. Mesa redonda con representantes de asociacións.
18:00h.- Museo e migración. Culturas en diálogo.
Relatorio: Encarna Lago, Xerente Rede Museística Provincial e Coordinadora Xeral; e Isidro López Aparicio, Comisario Xeral do Proxecto Palabrerxs, membro do Instituto da Paz da Universidad de Granada, artista, comisario, profesor e activista.
18:30h.- Educación e migración.
Relatorio: Orientación educativa - ACCEM-Lugo.
19:00h.-Ibermuseos. Memoria, Arte, Migración e Universidade.
Relatorio: Ana Rodríguez, artista; e Vanesa Vázquez, autora do proxecto de prácticas na Rede Museística Provincial, titorizado por Encarna Lago, Paz é nome de muller.
19:30h.-Memoria Proxecto Ibermuseos. Intervención Socio-educativa.
Programa +E+I+(Re)I: máis Empoderamiento, máis Igualdade, máis (Re)Inserción. Obradoiro para o empoderamento/Obradoiro de escritura.
Interveñen: Voluntariado da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo, integrado por: Concepción Sanfiz Fernández, escritora, profesora de Língua e Literatura; Paula Fraga Arias, avogada, Licenciada en Dereito Económico, e Víctor Fraga Gayoso, Psicólogo.
Proxeccións
Ata o 27 de xaneiro de 2019. Proxeccións das conferencias internacionais no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar. Tamén serán facilitados os enlaces aos participantes presenciais e participantes on line, para o seu visionado.
O visionado será sometido a unha proba de aproveitamento, que terá lugar o 27 de xaneiro 2019, coincidindo co Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, proba que será acreditada con diploma avaliado polo parteneriado de Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017.
Sábado 15
17:00h.- Presentación Proxecto Culturas en diálogo: Lugo-Cuba.
Coa presenza do Cónsul de Cuba en Galicia, Ángel Torres Jaime, e da Asociación de inmigrantes e retornados Rioplantenses.
17:30h.- Relatorio: Isidro Cillero, presidente da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, Recuperando a memoria da emigración a Cuba.
18:00h.- Relatorio: Ana María Bereciartúa Gasparini, Asociación de inmigrantes e retornados Rioplantenses, Viaxe de América á Rede Museística.
18:30h.- Presentación Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, a cargo de Vicente Peña Saavedra, profesor de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en representación do Consello da Cultura Galega.
20:00h.- Inauguración das exposicións:
- Memoria Musapalabra. Oficio de palabreirxs (Museo Provincial de Lugo)
- Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia. Esta mostra, que se poderá visitar nos catros museos da Rede, promóvea o Consello da Cultura Galega a través do Arquivo da Emigración Galega.
20:30h.- Concerto: Camiño aberto / 25 anos de Música, a cargo de Juan Carlos Cambas.
Domingo 16
18:00h.- Inauguración da exposición ‘Culturas en Diálogo Lugo-Arxentina-Uruguai’, na Escola Habaneira, Santaballa (Vilalba).
Luns 17
09:00h.- Relatorio: Carola Casal, Museóloga-Conservadora e Xestora, “Indo e vindo”
09: 45h.- Interculturalismo, Multiculturalismo, Transculturalismo.
Relatorio: Enrique Alcorta, responsable do departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo co relatorio “Camiños na historia”.
10,30h.- Ralatorio: Silvia Fiallega, Auxiliar de Sala da Rede Museística Provincial de Lugo, DEA en Historia Contemporánea e Historia de América, “Galiza: emigración, memoria e identidade. Imaxinario e estereotipos da diáspora galega a America”
11:15h.- Debate
11:30h.-Pausa café
12:00h.- Relatorio: Lucía Oca, Doutora en Antropoloxía Aplicada, responsable do proxecto BogAvante de empoderamento do colectivo caboverdiano, autora da tesis “Caboverdianas en Burela (1978/2008), “Migración, relación de género e intervención social: Educación, xénero e migración. O caso de Burela.
16:00h.- Interculturalismo, Multiculturalismo, Transculturalismo.
Relatorio: Amal Ait Mohanet (Marrocos): “Ela ten a palabra”.
17:00h.- Relatorio: Evelin Ruíz Crego, Estudiante de fotografía artística na EASD Ramón Falcón: Ni de aquí, ni de allá. Micro historias de ida y vuelta (Stop Motion).
18:00h.- Relatorio: Pablo Mosquera, presidente Asociación Aventados, Da cultura á subcultura ou da historia ao mito.
18.30h.-Relatorio: Daniel M. Vázquez Vila, historiador documentalista, O imaxinario e percepción das remesas culturais da emigración.
19:00h.- Presentación da publicación ‘Aletheia: dar forma al dolor’, volumes I e II. Madrid, Fundamentos, a cargo de Marián López Fernández Cao. Integra o Parteneriado do Premio Ibermuseos Oficio de Palabrerx, é Profesora da Universidade Complutense de Madrid, Directora do Grupo de Investigación,I. Pi + D Aletheia e do Grupo 941035 Aplicaciones da Arte na Integración Social.
Martes 18
09:00h.- Relatorio: Mª Rosario Fernández González, Responsable do Departamento de Etnografía e Artes Decorativas do Museo Provincial de Lugo, 14 km.
09:30h.- Relatorio: Fátima Teixeiro Vázquez, responsable do Servizo de Participación e Integración Universitaria USC-Campus de Lugo, Apuntes sobre diversidade cultural: o que a experiencia dun programa de voluntariado nos ten aprendido.
09:30h.- Presentación da memoria dos obradoiros de mediación.
Cristina Alonso (COGAMI), Ana Pérez, Elvira Cerdeira Profesoras do Colexio Público de As Gándaras, Mónica Álvarez, COGAMI, ACADAR e Encarna Lago (RMPL).
11:00h.-Afectos entretecidos, obradoiro práctico con colectivos, colexios, RMP, USC e Elisa Verdín, estudante de Erasmus da USC.
16:00h.-Presentación da memoria de intervencións artísticas Premio Ibermuseos Conversacións: Isidro López Aparicio, Comisario Xeral do Proxecto Palabrerxs, membro do Instituto da Paz da Universidad de Granada, artista, comisario, profesor e activista.
16.15h.- Relatorio: Pablo M. Coca Jiménez, profesor da Universidade de Valladolid, Cultura visual e diversidade na formación docente.
17:00 horas-18:30 horas.-Relatorios:
- Mónica Alonso, artista. Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo.
- Mery Pais, artista trans (cender) (mitir) (formar), Luz Darriba Santas Migrantas.
18:30-19:00 horas.- Pausa café.
19:00h.- Presentación do catálogo do Proxecto Premio Ibermuseos Conversacións: ‘EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS NOSOUTRXS EN REDE’, comisariados por Encarna Lago e Antonio Reigosa.
19:30h.-Clausura do congreso e entrega de diplomas con acreditación de horas de asistencia.