Cultura
Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación leva máis de 100 actividades gratuítas aos Concellos da Provincia durante o Nadal

rede museística
Nadal
Actividades gratuítas aos Concellos da Provincia durante o Nadal.IMG001
-Participan nesta programación un total de 63 Concellos que desfrutarán de maxia, contacontos, malabares, música, teatro ou ciencia. Todas as actividades son gratuítas
-García Porto explicou que “con estas iniciativas ofrecemos un lecer alternativo, educativo e creativo nestas datas, e ao mesmo tempo facilitamos a conciliación das familias lucenses”
-A Deputada sinalou que “o Planetario é unha das actividades con mais demanda, ao tratarse dunha proposta orixinal e educativa, pero tamén contamos cun concerto singular en Rábade coa Orquestra de Malabares acompañada coa Banda Sons e Soños”
-Avanzou que este venres inaugurase o Mercado de Nadal na Praza de San Marcos. Ademais a Rede Museística da Deputación ofrece 23 obradoiros gratuítos cun total de 320 prazas. A inscrición está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar o obradoiro

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este martes na Deputación, as actividades de Nadal que o Goberno da Deputación leva de xeito completamente gratuíto aos concellos da Provincia. Trátase de actividades de carácter lúdico, cultural, e educativo dirixidas aos máis pequenos e ás familias. Son un total de 100 actividades que comezan o día 21 de decembro e finalizan o 6 de xaneiro de 2019.


García Porto explicou “que con estas iniciativas ofrecemos un lecer alternativo, educativo e creativo nestas datas, e ao mesmo tempo facilitamos a conciliación das familias lucenses no Nadal. A través desta programación, na que participan 63 Concellos, a provincia encherase de todo tipo de espectáculos como por exemplo contacontos, maxia, malabares, teatro, música ou ciencia”.


A Deputada sinalou que “o Planetario é unha das actividades con mais demanda, ao tratarse dunha proposta orixinal e educativa que nos envolve e transporta aos confíns do universo. Pero tamén contamos cunha proposta singular, xa que o día 28 de decembro actuará en Rábade a Orquestra de Malabares acompañada coa Banda Sons e Soños, un espectáculo no que se unen dous mundos nun só escenario, o circo e a música. Ademais, a Banda de Música de Antas de Ulla tamén actuará nesta localidade coa comedia musical “A gata con zocas”, o día 30 de decembro”.


Mercado de Nadal e actividades

Dentro da programación das actividades do Nadal o día 21 ás 17:30 horas inaugurarase o Mercado de Nadal na praza de San Marcos, que contará con 13 artesáns, así como unha caseta dedicada a programación propia que inclúe actividades e obradoiros. Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro cun horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas, e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas, excepto os días 24 e 31 de decembro, nos que se reducirá o horario de tarde, que concluirá as 18.30 horas. Os postos permanecerán pechados os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. Ademais a cidade tamén acollerá 23 recitais de corais, nas que actuarán 12 agrupacións polas rúas e as igrexas parroquiais.


A Rede Museística ofrece 23 obradoiros repartidos nos 4 museos

O Goberno da Deputación tamén ten previsto realizar 23 obradoiros na Rede Museística. Estas actividades contan cun total de 320 prazas, aínda que tamén hai actividades sen límite de asistencia. Os obradoiros, totalmente gratuítos, son diferentes en cada unha das sedes, atendendo as particularidades das súas coleccións e as demandas dos participantes. Tamén continúa o programa Musavisitas pola Rede, que ofrece visitas guiadas gratuítas. As inscrición está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar o obradoiro.

 

 

Programación das actividades nos Concellos

21 de decembro:

  • Mago Deimi. Ás 10:00 h. CPI Cervantes, Cervantes

22 de decembro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e as 13.30 h. Centro Cívico, Xove
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 11:30 h. Casa da Xuventude, Mondoñedo
  • O Baúl do Mago. ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Praza do Camiño. Portomarín
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Casa da Cultura, Becerreá
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón Municipal, Ourol
  • Mago Deimi. Ás 18:00 h. CPI Plurilingüe Navia de Suarna, Navia de Suarna

23 de decembro:

  • O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Xardíns de Noriega Varela, Viveiro
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Casa da Cultura, Palas de Rei
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Carpa Constitucional, Vilalba
  • Mago Deimi. Ás 18:00 h. Casa da Cultura, Quiroga
  • Lucus Ensemble. Ás 19:00 h. Centro Sociocultural, Sober
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Centro Sociocultural da Xuventude e Terceira idade, Monterroso
  • Mago Carlos. Ás 19:30 h. Centro Sociocultural, as Nogais

24 de decembro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e as 13.30 h. Centro Sociocultural e Xuvenil, Baralla
  • O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Parque de San Francisco, Ribadeo
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12:00 h. Casa da Cultura, Outeiro de Rei
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:00 h. Casa da Cultura, Begonte
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Campo da Feira, A Pobra de San Xiao

26 de decembro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Centro Sociocultural, Riotorto
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Casa Consistorial, O Páramo
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Campo do Mosteiro de San Salvador, Lourenzá
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Antigas Escolas, Paradela

27 de decembro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Antigo Instituto, A Fonsagrada
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Local Social, Muras
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón Municipal, Meira
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Concello Novo, Abadín

28 de decembro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. CENIMA, Foz
  • O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Praza do Concello, Burela
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Salón de Actos do Concello, Carballedo
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón Polideportivo, Alfoz
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Salón de actos do Cuartel Vello, Taboada
  • Orquestra de Malabares coa Banda Sons e Soños. Ás 20:00 h. IES Río Miño, Rábade

29 de decembro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Pavillón Municipal, Trabada
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12:00 h. Bibliotéca Municipal, Xermade
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Casa da Cultura, A Pontenova
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Casa da Cultura, O Valadouro

30 de decembro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Antiga Nave Gandeira da Cruz do Incio, O Incio
  • O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Praza de España, Monforte de Lemos
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Centro Sociocultural de Mosteiro, Pol
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 17:00 h. Casa da Cultura “Olga Novo” Pobra do Brollón
  • Mago Carlos. Ás 18:00 h. Edificio Sociocultural, Pantón
  • Maxia pola Igualdade. Fani Triana. Ás 18:30 h. Casa da Cultura, Sarria
  • Mago Deimi. Ás 18:00 h. Escola da aldea de Moreda, Folgoso do Courel
  • A Gata con Zocas. Ás 19:00 h. Casa da Cultura, Antas de Ulla

 

31 de decembro:

  • O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Praza do Campo da Feira, Guitiriz
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12:00 h. Casa da Cultura, Pedrafita do Cebreiro
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Casa da Cultura, O Vicedo
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 18:00 h. Casa da Cultura, Guntín

2 de xaneiro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Pavillón “A Ferrería”, Castroverde
  • Mago Carlos. Ás 12:00h. Centro Sociocultural, O Corgo
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Fonte do Luar, Triacastela
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón do Colexio, A Pastoriza
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Vivendas Comunitarias, Samos

3 de xaneiro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Auditorio Municipal, Chantada
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12:00 h. Centro Sociocultural Díaz Sampedro de San Cosme, Barreiros
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:00 h. Casa do Concello, Cervo
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón Municipal, O Saviñao

4 de xaneiro:

  • Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Centro Sociocultural, Bóveda
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Casa da Cultura de Feira do Monte, Cospeito
  • Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h.  Casa do Concello, Ribas de Sil
  • Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Centro Cultural Xosé Manuel Carballo de Castro de Rei (Teleclube), Castro de Rei

6 de xaneiro:

  • Mago Rafa. Ás 17:00 h. Centro Social, Negueira de Muñiz

Máis informacion en http://nadalnaprovincia.deputacionlugo.org/