Cultura
Deputación de Lugo

Clausura do Congreso Internacional Musapalabra, no que se debateu sobre a migración dende diversas perspectivas

cultura
rede museística
Congreso Inernacional Musapalabra
O encontro enmárcase dentro do proxecto Cultura en diálogos iniciado en 2000, que gañou o Premio Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017. Nel participaron diferentes museos españois, americanos e europeos, coa intención de establecer canles de diálogos entre ambos os dous continentes e construír colaboracións entre a Rede Museística Provincial e asociacións de inmigrantes en América do Sur

Durante esta xornada tamén se presentou o catálogo da exposición EU...TI...ELAS...NOSOUTRAS EN REDE, que se exhibiu ao longo deste ano na Rede Museisitica da Deputación, e no que poden ver 12 proxectos de mulleres moi diversos

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, clausurou este martes no Museo Provincial, o Congreso Internacional Musapalabra. Museos Mediadores. Oficio de palabreros en libertad. Educa, media, comunica e xestiona. No acto, estivo acompañada pola Xerente da Rede Museística, Encarna Lago e o coordinador, Antonio Reigosa.

García Porto remarcou que “os relatorios, encontros, exposicións, presentacións e as mesas deste Congreso Internacional serviron para ofrecer propostas que poidan ser útiles para resolver algunhas das problemáticas da xente migrante. E tamén procura pontes para o diálogo mediante a palabra; dar voz a quen por razóns de sexo, económicas ou de conflito, precisa que os valores da igualdade, da xustiza e da paz se impoñan dunha vez”.

A Deputada explicou que “este encontro serviu para reforzar o compromiso social dos museos, que deben deixar atrás o seu rol tradicional e converterse en espazos de transformación social e cultural. Deben ser institucións vivas e xeradoras e impulsoras de desenvolvemento, ao servizo dunha sociedade mellor”.

O congreso enmárcase dentro do proxecto Cultura en diálogos iniciado en 2000, que gañou o Premio Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017. Nel participaron diferentes museos españois, americanos e europeos, coa intención de establecer canles de diálogos entre ambos os dous continentes e construír colaboracións entre a Rede Museística Provincial e asociacións de inmigrantes en América do Sur.

Catálogo da exposición EU...TI...ELAS...NOSOUTRAS EN REDE
Durante esta xornada tamén se presentou o catálogo da exposición EU...TI...ELAS...NOSOUTRAS EN REDE, que se exhibiu ao longo deste ano na Rede Museísitica da Deputación, e no que poden verse 12 proxectos de mulleres moi diversos. “O que se pretende con esta proposta é abrir as portas e as ventás das nosas institucións museísticas para facilitar o diálogo entre os colectivos e artistas individuais, tanto entre si como os propios museos e coa sociedade xeral desde a perspectiva de xénero, afondando sempre na diversidade”, remarcou a Deputada.

García Porto agradeceu a colaboración e a implicación de todos os colectivos que participan neste proxecto. “O voso traballo contribúe a dar visibilidade ás xustas reinvidicacións de quen padece inxustamente calquera tipo de exclusión na nosa sociedade”, resumiu.