Cultura
Deputación de Lugo

Unha quincena de actividades gratuítas conforman a programación de Nadal da Deputación para este venres

Nadal
Unha quincena de actividades gratuítas conforman a programación de Nadal da Deputación para este venres
As actividades lúdicas, culturais e educativas que se celebran o venres 28 están dirixidas aos máis pequenos e ás familias

Haberá actividades nas rúas, representacións teatrais e obradoiros nos museos da Rede Museística, recitais nas rúas e nas distintas igrexas parroquiais

O Goberno da Deputación organiza máis dunha quincena de actividades lúdicas e gratuítas para este venres 28 de decembro, dentro da súa programación de Nadal. Trátase de actividades de carácter lúdico, cultural, e educativo dirixidas aos máis pequenos e ás familias, que terán lugar tanto na cidade de Lugo como nos Concellos da provincia. Entre os distintos actos, haberá recitais de corais na rúa e en igrexas parroquiais, representacións teatrais ou obradoiros.

Vive o Centro este Nadal


Dentro da campaña de apoio ao comercio de Lugo, celebraranse actividades gratuítas dirixidas, na súa maioría, aos máis pequenos. Terán lugar na Praza Maior de Lugo así como nas rúas do casco histórico, entre o 20 e o 4 de xaneiro.

- 11:00 horas a 13:00 horas: Animación percorrendo as rúas do centro con Branca
-17:00 horas a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
-12:00 horas a 14:00 horas - 17:00 horas a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
- 17:00 horas a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Mercado de Nadal e actividades


Continúa aberto o Mercado de Nadal na Praza de San Marcos, que conta con 13 artesáns, así como unha caseta dedicada a programación propia que inclúe actividades e obradoiros.

Paralelamente ao Mercado de Nadal, a Deputación organiza, do 21 de decembro ao 4 de xaneiro 11 actividades infantís gratuítas, entre as que destacan espectáculos de maxia ou deseño e decoración para as festas. Todas terán lugar na Praza de San Marcos.

- De 16:00 horas a 20:00 horas: Larpeiradas: deseños de Nadal

O Nadal na Provincia


O Goberno da Deputación leva de xeito completamente gratuíto aos concellos da Provincia 100 actividades dentro da súa programación de Nadal. As actividades para o venres 28 son as seguintes:

- 10:30 e 13:30 horas: Planetario Ciencia Kids. CENIMA, Foz
- 11:30 horas e 13:30 horas, ás 16:00 horas e 19:00 horas: O Baúl do Mago. Praza do Concello, Burela
- 16:30 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Salón de Actos do Concello, Carballedo
- 16:30 horas e 19:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Pavillón Polideportivo, Alfoz
- 19:30 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Salón de actos do Cuartel Vello, Taboada
- 20:00 horas: Orquestra de Malabares coa Banda Sons e Soños. IES Río Miño, Rábade

Obradoiros na Rede Museística


O Goberno da Deputación tamén realiza obradoiros na Rede Museística. Estas actividades contan cun total de 320 prazas, aínda que tamén hai actividades sen límite de asistencia, por exemplo, continúa o programa Musavisitas pola Rede, que ofrece visitas guiadas gratuítas.

Os obradoiros, totalmente gratuítos, son diferentes en cada unha das sedes, atendendo as particularidades das súas coleccións e as demandas dos participantes. As inscrición está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar o obradoiro.

Dentro do programa de Actividades para o Nadal 2018 que, como cada ano por estas datas, organiza a Rede Museística da Deputación de Lugo para cada un dos seus museos, as actividades para o venres 28 son as seguintes:

- 11:30 horas: Xogo de personaxes. Visita dirixida a rapaces de 8 a 11 anos, no Museo de Lugo.
- 11.30 horas: Econadal. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s), Museo Provincial do Mar.
- 11:30 horas: As árbores do solsticio. Obradoiro dirixido a todas as idades, no Pazo de Tor.
Recitais
Ademais a cidade tamén acolle 23 recitais de corais, programados para estas datas, nas que actuarán 12 agrupacións polas rúas e as igrexas parroquiais. A programación para este venres 28 é a seguinte:

- 18:00 horas: Schola Gregoriana Lucense, na rúa da Raíña-Fondo da Praza Maior-Praza do Campo
- 18:30 horas: Asociación de Artes Escénicas de Fingoi, na Parroquia As Fontiñas
- 19:30 horas: Ecos do Miño, na Parroquia de San Antonio
- 20:00 horas: Schola Gregoriana Lucense, na Parroquia A Nova
- 20:00 horas: Orfeón Lucense, na rúa Bispo Aguirre-Praza Maior-Praza Santa María