Os 100 alumnos do conservatorio profesional de danza de Lugo contan co apoio da Deputación
García Porto explicou que “ademais, os alumnos que participan realizan unha aprendizaxe a través das representacións das artes escénicas, ao mesmo tempo que fomentamos os estudos profesionais de danza por toda a provincia”
O Conservatorio de Lugo é o único centro público de danza da comunidade, dependente da Consellería, onde se poden cursar o grao elemental así como os graos profesionais de danza clásica e da danza contemporánea
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o Goberno da Deputación asinou un novo convenio de colaboración co conservatorio de danza de Lugo, no que participan 100 alumnos, cunha achega económica de 2.500 euros, para promover a iniciativa Lugo en Danza, que inclúe actividades deste colectivo por toda a provincia.
García Porto remarcou que “o obxectivo destas representacións é promover o acceso a todos os públicos a este tipo de espectáculos que non son habituais nas programacións dos Concellos, e que ademais son de balde. Ademais, os alumnos que participan realizan unha aprendizaxe a través das representacións das artes escénicas, ao mesmo tempo que fomentamos os estudos profesionais de danza por toda a provincia”.
Cursos de grao elemental, danza clásica e contemporánea en Lugo
O Conservatorio de Lugo, no que participan 100 alumnos, é o único centro público de danza da comunidade, dependente da Consellería, onde se poden cursar o grao elemental así como os graos profesionais de danza clásica e da danza contemporánea. Actualmente mantén unha importante presenza na axenda cultural de Lugo, ademais doutras comunidades.