Cultura
Deputación de Lugo

Máis de 3.000 persoas seguiron en directo o VII Concurso Lucus Intercentros, retransmitido por alumnos do CFA da Deputación

VII Concurso Lucus Intercentros
CFA
Máis de 3.000 persoas seguiron en directo o VII Concurso Lucus Intercentros, retransmitido por alumnos do CFA da Deputación
Pilar García Porto participou na entrega de premios deste concurso de cultura xeral, no que participaron alumnos de BAC de 7 institutos da capital

Máis de 3.000 persoas seguiron por streaming o certame a través dunha emisión da que se encargaron dez alumnos do Centro de Formación Audiovisual da Deputación

Neste evento participaron alumnos de BAC de 7 institutos da capital lucense, que competiron respondendo preguntas de cultura xeral propias do seu nivel formativo

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participou na entrega de Premios do VII Concurso Lucus Intercentros, acompañada por José Antonio Corredoira Teijeiro, Director do IES Muralla Romana, José Luís Torre Losada, Vicedirector do IES Muralla Romana e outras autoridades. O certame constitúe unha iniciativa do alumnado de Administración e Xestión do Muralla Romana, coa colaboración do seu departamento de Informática, do CIFP Politécnico, da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, así como do Centro de Formación Audiovisual de Lugo (CFA).

Máis de 3.000 persoas seguiron por streaming o certame a través dunha emisión da que se encargaron dez alumnos do Centro de Formación Audiovisual da Deputación, supervisados por un docente e técnicos do Servizo de Audiovisuais. Durante a próxima semana, espérase que o vídeo alcance as 10.000 visualizacións, e posteriormente os alumnos do CFA editarán un DVD co material gravado neste certame. O obxectivo desta acción é continuar preparando con prácticas reais aos alumnos do centro de cara á súa inserción no mercado laboral. Esta práctica foi posible grazas ao convenio de colaboración entre o CFA e o IES Muralla Romana.

Concurso Lucus Intercentros


Neste certame participaron alumnos de BAC de 7 institutos da capital lucense, que competiron respondendo preguntas de cultura xeral propias do seu nivel académico. As cuestións foron elaboradas polos profesores dos distintos departamentos do IES Muralla Romana de Lugo.