Cultura
Deputación de Lugo

Remata o Congreso Musapalabra no que participaron preto de 500 profesionais

cultura
Congreso 'Musapalabra'
Nun formato novidoso, os participantes tiveron acceso ás videoconferencias, ademais dun espazo común de Clase Virtual, conferencias en You Tube, material complementario e varios foros en directo, que se mantiveron activos por escrito en tempo diferido

Este luns rematou o Congreso Musapalabra, impulsado pola Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinado por 79 profesionais de todo o mundo de Museos, Universidades, Terceiro Sector e Artistas que congrega a 437 inscritos arredor do tema da Migración. Este proxecto, coordinado dende a Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, que forma parte do partenariado, xunto coa Universidade Complutense de Madrid, o Instituto de la Paz da Universidad de Granada, a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal e o Museo de la Tertulia de Cali (Colombia).

Neste encontro participaron 79 coordinadorxs, profesionais de museos, universidades, terceiro sector e artistas de México, Costa Rica, Uruguai, Arxentina, Brasil, España, Italia, Portugal, Andorra e Siria, que compartiron os seus proxectos e reflexionaron sobre a Migración, tema fundamental que atravesa a experiencia de moitas persoas, profesionais e institucións e países.

Nun formato novidoso, os participantes tiveron acceso ás videoconferencias, ademais dun espazo común de Clase Virtual, a vídeo conferencias en You Tube, material complementario e varios foros en directo, que se mantiveron activos por escrito en tempo diferido.

Este domingo dia 27 de xaneiro, os participantes realizaron unha proba que, de ser superada, recibirán a acreditación das 240 horas de formación impartidas neste Congreso que se leva celebrando dende o 14 de decembro de 2018. Este mesmo formato vaise repetir nun novo congreso no que se vai debater e reflexionar sobre cuestións de xénero, primeiro virtualmente e, posteriormente, en formato presencial no vindeiro mes de maio.

A Coordinación Xeral do Congreso Virtual Musapalabra Migración estivo a cargo de Encarna Lago e Silvia Fiallega da Rede Museística, e de Leonardo Casado como membro da Asociación Trabajadores de Museos y el Observatorio de Museos Universitarios de la Universidad Nacional de La Plata e Patricia Torre que pertence a rede de Museos Creativos. Para a realización deste proxecto contouse coa colaboración na Secretaría Xeral Técnica do congreso presencial de Silvia Fiallega, Fernando Arribas e Antonio Reigosa.