Cultura
Deputación de Lugo

A nova edición do Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación da Deputación reflexiona sobre a “súa redefinición”

cultura
rede museística
Pilar García Porto
congreso xeneros
- Contará con representantes de diferentes asociacións, museos, investigadores, profesores, así como de iniciativas sociais en xéneros, activismo, persoas con capacidades diferentes, diversidade e educación que afondarán no proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo aportando innovación e implementando a perspectiva de xéneros
- Os encontros terán lugar o día 9 de maio no Museo Provincial, o día 10 no Pazo de Tor e o día 11 no Museo de San Paio de Narla. Contará con dúas conferencias inaugurais, un obradoiro e 6 mesas de traballo, así como sesións plenarias para poñer en común todos os debates
- Para inscribirse nesta xornada completamente gratuíta, pode facerse a través do seguinte link; http://redemuseisticalugo.org/index.asp. O prazo ábrese o 1 de abril de 2019, todos os asistentes recibirán certificado de asistencia

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, a Xerente da Rede Museística da Deputación, Encarna Lago e da Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro presentaron este luns no Museo Provincial de Lugo o VI Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación, que se celebrará dende o 9 ata o 11 de maio. Trátase dunha iniciativa do Goberno da Deputación que ofrece experiencias e reflexións sobre a cuestión de xéneros e a educación. Este Congreso continuará en América, procurando dispoñer dun documento final e tamén ser unha ferramenta de traballo de cara á redefinición teórica e práctica do “museo”. 

García Porto remarcou que nesta nova edición “proponse como o foro idóneo para iniciar o proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo aportando innovación e implementando a perspectiva de xéneros. A finalidade do mesmo é propor ao MDPP (Comité Permanente sobre a Definición de Museo, perspectivas e posibilidades) unha ferramenta de traballo válida, transparente, igualitaria de recomendacións efectivas para facer da definición e dos museos reais espazos de igualdade, colaboración e compromiso coa sociedade”.

“Ademais, como novidade a estrutura de debate cambia de formato, xa que inclúe dúas conferencias inaugurais e un obradoiro, que deixarán paso a dúas xornadas de mesas de traballo paralelas e simultáneas que rematará todas elas nas Sesións Plenarias para a posta en común de todos os debates. O propósito das mesas de traballo é promover o diálogo entre as participantes de xeito guiado, coherente e crítico de cara analizar os temas específicos encomendados a cada unha.”

A Deputación institución pioneira
Encarna Lago remarcou que “profesionais de museos de todo o Estado, e tamén de Portugal e América, reflexionaran e avaliarán o cumprimento da Lei de Igualdade nos Museos. Ademais tamén estará presente a Vicepresidenta do ICOM, Teresa Reyes”. Ademais sinalou que con este Congreso “converte á Deputación de Lugo nunha institución pioneira no traballo de igualdade nos museos”.

Inscrición
Para inscribirse nesta xornada completamente gratuíta, pode facerse a través do seguinte link; http://redemuseisticalugo.org/index.asp. O prazo ábrese o 1 de abril de 2019, todos os asistentes recibirán certificado de asistencia.

Relatorios
Auto diagnose avaliándonos internamente no museo, fomentando participación e compromiso. Obxectivos: 
1.-Reflexionar, analizar e auto avaliar  dende o marco lexislativo o cumprimento da Lei de igualdade interdepartamental e interdisciplinariamente nos museos. 
2.-Analizar o concepto de xéneros coa intención de cuestionar as ideas preconcibidas e erróneas que sobre o mesmos puideran existir. (Manifesto Grupo de Traballo Museos e Xénero da Rede de Museos de Historia y Monumentos de Cataluña).
3.-Aproximarse ás coleccións dos museos desde unha perspectiva de xéneros e novas narracións. Cuestionarnos a visión masculina universal e neutra  nos criterios museolóxicos e museográficos.
4.-Fomentar a reflexión e debate por parte do persoal dos distintos departamentos dos museos sobre o tema.
5.-Introducir a dobre dimensión temporal e cultural inherente sobre o concepto de diversidade de xéneros: actuacións. 
6.-Temas transversais: Colaborar utilizando métodos dialóxicos estruturados no proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo e realizar propostas ao Consello Consultivo de ICOM en xuño de 2019 que se presentarán  durante a XXV Conferencia Xeral de ICOM que se celebrará en Kioto en setembro de 2019.
7.-Reflexión e construción de ferramentas de auto diagnose no Museo; como aplicar a perspectiva de xéneros nos museos.


 6 mesas de traballo
Máis de 34 persoas ou entidades participarán nas 6 mesas de traballo son; persoal da Rede Museística Provincial de Lugo; Eduardo Valiña. Conservador Xefe Fundación Eugenio Granell; Manuel Mosquera Cobián. Departamento de difusión do Museo de Bellas Artes da Coruña; Representantes Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.; Covadonga López de Prado Nistal. Directora Museo Masó de Bueu; Rosa Lamas Casado. Bibliotecaria Museo de Ribadavia; Persoal Museo do Pobo Galego; Persoal Servicio de Museos Portugueses; Isabel Victor. Directora Museu de Sporting de Lisboa; Susana Gomes da Silva. Serviço de Educaçao do Museu Gulbenkian; Teresa Reyes. Vicepresidenta ICOM España; Aida Rechena.  MINOM Portugal; Aitziber Urtasun. Responsable do Departamento de Educación Estética do Museo Oteiza. Artista e educadora; Rufino Ferreras. Jefe de Educación Museo Nacional Thyssen Bornemisza.; Ana Moreno. Coordinadora General de Educación del Museo del Prado; Margarita Moreno. Conservadora Museo Arqueológico Nacional; Mercedes Mingote. Jefa Sección Museos da Consellería de Educación y Cultura do Principado de Asturias; Silvia Planas. Directora Museo D´Historia de Girona; Rede de Museos de Historia e Monumentos de Cataluña; Directora Museo de Cervera; Presidenta de la Xarxa de Museos D´Art; Marga Salas. Directora do Museo de Historia de Catalunha; Teresa Soldevila. Responsable Área Responsabilidade Social Museo Maritim de Barcelona; María Isabel Pérez Bernárdez. Directora Museo Arqueolóxico de Almería; Amelia Aguado. Directora del Museo de Arte Africano Arellano Alonso de Valladolid; Paula Cabaleiro.Directora MAC Florencio de la Fuente; Araceli Corbo. Responsable da Biblioteca-Centro Documentación MUSAC;Liliane Inés Cuesta Davignom. Conservadora Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias González Martí de Valencia; Begoña Soler. Conservadora Museo de Prehistoria de Valencia; Observatorio de Educación Patrimonial; Ana Goy. Centro de Estudio de Historia da Cidade; Carola Casal . Rede de Estudios Medievais da USC; Leonardo Casado. Red de Profesionais de Museos de Arxentina; Marcos Lorenzo.Coordinador Curso Expertx  Universitario en Xestión Cultural (USC).

Programa
O VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación inaugurarase o día 9 de maio pola mañá e clausurarase o 11 de maio as 14:00 horas.
9 maio: Museo Provincial de Lugo
09:30-10:00h.-Entrega de credenciais e documentación.
10:00-10:30h.-Presentación V Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
10:30-12:00h.-Conferencia:Como construimos los discursos históricos:una reflexión sobre la prehistoria y las mujeres: Margarita Sánchez. Profesora titular de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Granada. Proxecto PASTWOMEN.
12:00-12:30h.-Pausa-Café.
12:30-14:00h.-Conferencia-Obradoiro: Museos  sostibles, igualitarios e inclusivos: Cuestionarnos a subordinación das mulleres, das identidades masculinas non hexemónicas, grupos étnicos, LGTBI+, persoas con discapacidade. O que non se nomea non existe: Encarna Lago xerente da RMP  e docente na Universidade Complutense de Madrid no Título propio de Especialista na aplicación da perspectiva de xénero nas Industrias Culturais e Leonardo Casado Museólogo da  Asociación de Traballadores de Museos e do Observatorio de Museos Universitarios da Universidade Nacional de La Plata Arxentina, Becario de Organización Italo-Latinoamericana en Roma en proyecto de Investigación sobre museología social en Italia.Foi becario da RMPL no proxecto gañador de Ibermuseos.
14:00h.- Xantar.
De 16.00h a 17:30h.- Mesas workshop.
17:30h.-Pausa café.
De 18:00 a 19:00h.-Plenario.
20:00h.-Sala Multiusos. Inauguración da exposición de Viki Rivadulla.

10 de maio: Museo Pazo de Tor
10:00h.-Visita ao Museo Pazo de Tor.
De 11.00h a 12:00h.- Mesas.
De 12:00h a 13:00h.-Mesas .
De 13:00 a 13:30h.-Plenario.
14:00h.- Xantar.
De 15.30h a 16:30h.- Mesas.
De 16:30h a 17:300h.-Mesas.
De 17:30 a 18:30h.-Plenario.

11 de maio: Museo Fortaleza San Paio de Narla
10:30h.-Visita ao Museo Fortaleza San Paio de Narla
De 11:00 a 13:00h.- Mesa de conclusións para dar continuidade ao traballo a través de  #ForosMAV  e na MDPP do ICOM. Integrada por  representantes de ICOM, MAV , Caixa de Pandora, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Universidades, AGPXC.Observatorio de Educación Patrimonial e Centro de Estudos de Historia da Cidade xunto ás persoas guías-moderadoras das mesas de traballo dos días 9 e10 de maio.
13:00h.-Clausura: Presentación #operacionmuseosMAV

Ao remate da modalidade presencial este Congreso terá continuidade na modalidade virtual.