Cultura
Deputación de Lugo

1.000 debuxos do concurso da TRADESCOLA enchen de cor o CENTRAD, co apoio da Deputación

CENTRAD
Tradescola
cultura
debuxos tradescola
-Este ano como novidade esta edición ampliouse a todos os centros da provincia. Os participantes son alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria, e debuxaron sobre os instrumentos de música tradicional
- O xurado seleccionará 25 finalistas que recibirán un lote de material didáctico de musica tradicional
- O gañador recibirá a matricula gratuíta nunha materia da Tradescola do vindeiro curso. Ademais o seu centro educativo gozará dunha visita guiada, un obradoiro no CENTRAD, e un concerto didáctico de musica tradicional a cargo da Tradescola

A sala de Exposicións do CENTRAD da Deputación acolle dende hoxe, os preto de 1.000 debuxos dos 28 colexios da provincia dos alumnos que participan no concurso de debuxo que organiza a TRADESCOLA, coa que colabora o Executivo Provincial. Este ano como novidade, esta VII Edición ampliouse a todos os centros da provincia. Os participantes son alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria, e debuxaron sobre os instrumentos de música tradicional.


Premios
Nas vindeiras datas o xurado deste certame seleccionará 25 finalistas e un gañador que recibirá unha matricula gratuíta nunha materia da Tradescola do vindeiro curso. Ademais, o centro educativo a onde pertenza o gañador terán tamén agasallos, concretamente unha visita guiada e un obradoiro no Centro de Artesanía, ademais dun concerto didáctico de musica tradicional a cargo da Tradescola. Os 25 finalistas recibirán tamén un lote de material didáctico de musica tradicional.

TRADESCOLA
A Tradescola (Escola Tradicional) é un centro de formación especializado na música e no baile tradicional que está xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, coa que colabora o Goberno da Deputación. Conta con 5 aulas para poder impartir as súas clases nas que na actualidade participan 270 alumnos con 10 mestres, e impártense 13 asignaturas.