Cultura
Deputación de Lugo

Continúa aberto o prazo para participar no 'Buxiganga 2019', que levará o teatro afeccionado pola provincia

BUXIGANGA
Teatro
cultura
Buxiganga 2019
Ata o 28 de marzo agrupacións de teatro, concellos e asociacións sen ánimo de lucro da provincia poden solicitar a súa participación no programa

Na páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal) pódense descargar as bases e os modelos de solicitude desta convocatoria

O Buxiganga da Deputación cumpre o dobre obxectivo de promocionar o teatro afeccionado e dinamizar cultural, social e economicamente os concellos da provincia, especialmente os do rural

O prazo para solicitar as axudas do programa de promoción do teatro afeccionado Buxiganga 2019 continúa aberto, logo da publicación das bases no BOP. As agrupacións de teatro, concellos e asociacións da provincia interesadas en participar nesta iniciativa cultural da Deputación dispoñen ata o 28 de marzo para presentar a súa solicitude.

No programa Buxiganga poden participar as agrupacións de teatro, encargadas da representación das obras, así como os concellos e asociacións sen ánimo de lucro da provincia que poden solicitar a celebración destas actuacións. Unha vez coñecidos os concellos e entidades solicitantes e os grupos, elaborarase un catálogo para que os municipios e asociacións culturais soliciten o grupo que desexan contratar.

O programa cultural Buxiganga 2019, que chega á súa undécima edición, cumpre o dobre obxectivo de promocionar o teatro afeccionado e tamén de dinamizar cultural, social e economicamente os concellos da provincia de Lugo, especialmente os do rural. O Goberno Provincial achega 70.000 euros para poñer en marcha esta programación, consolidando o orzamento do ano anterior. Os cachés das actuacións son os seguintes:

-Grupos de 6 a 8 persoas: 500 €/función (tendo as 3 representacións 450 €/función)
-Grupos de 9 a 12 persoas: 750 €/función (tendo as 3 representacións 700 €/función)
-Grupos de 13 ou máis persoas: 850 €/función (tendo as 3 representacións 800 €/función).

Dese caché, a Deputación subvenciona o 80% do custo das actuacións, e os Concellos ou asociacións asumen o pagamento do 20% do custo de cada unha delas, para o que poderán cobrar unha entrada simbólica que en ningún caso poderá superar os tres euros. Na páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal) pódense consultar as bases desta convocatoria e descargar os modelos de solicitude.