Cultura
Deputación de Lugo

Comeza a xornada sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia con 80 inscritos

Xornadas
Arqueoloxía
Covas
Xornada sobre o patrimonio arqueolóxico
Vidal Baamonde inaugurou esta cita que se celebra no Pazo de San Marcos, na que se analizan as covas das serras orientais galegas -paleolíticas. Concretamente as de Eirós en Triacastela, a de Valdavara en Becerreá e a da Valiña en Castroverde, entre outras

Participan catedráticos, profesores, arqueólogos, e expertos que abordan o panorama actual sobre os contidos arqueolóxicos da provincia, así como diferentes propostas para a divulgación destes restos pre-históricos

A Xornada inclúe unha visita da man do investigador Arturo Lombera á exposición sobre as covas das serras orientais no Museo Provincial, e será complementada cunha demostración elemental de talla en seixo

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, inaugurou este venres, no salón de Actos do Pazo de San Marcos, a II Xornada de divulgación científica do patrimonio arqueolóxico lucense que promove o Goberno da Deputación. Neste encontro que conta con 80 inscritos, participan catedráticos, profesores, arqueólogos, e expertos que abordan o panorama actual sobre os contidos arqueolóxicos da provincia, así como diferentes propostas para a divulgación destes restos pre-históricos.

Demostración de talla en seixo
Ao longo da xornada, que leva por título, “As Covas: portas a outros mundos”, analízanse as covas paleolíticas de Eirós en Triacastela, a de Valdavara en Becerreá e a da Valiña en Castroverde, entre outras. Ademais, como actividade complementaria este encontro inclúe unha visita da man do investigador Arturo Lombera á exposición temporal sobre as covas das serras orientais no Museo Provincial. Na que tamén haberá unha demostración elemental de talla en seixo.

II Edición sobre o Patrimonio Arqueolóxico lucense
Esta é a segunda cita sobre o Patrimonio Arqueolóxico lucense que promove o Executivo Provincial. Na primeira edición realizouse un encontro sobre Santa Eulalia de Bóveda (2018), ademais do Congreso Internacional de arqueoloxía do ouro, que contribuíu a difundir e promover as coleccións de ourivería antiga do Museo Provincial.

 


Programa
“As Covas: portas a outros mundos”
22 de marzo no Salón de Actos de San Marcos


Mañá
9:30 h. Acreditación asistentes
10:00 h. Presentación oficial
10:15 h. Primeira charla: “Covas de Eirós e Valdavara: afondando na investigación do Paleolítico galaico”. Ramón Fábregas Valcarce, Catedrático de Prehistoria da USC.
11:00 h. Segunda charla: “A Cova da Valiña trinta anos despois: prehistoria da Prehistoria”. César Llana, arqueólogo e director Museo Etnolóxico de Ribadavia
11:45 h. Pausa
12:15 h. Terceira charla: “Descubriendo el Paleolítico del sureste peninsular: investigación y divulgación científica en la Cueva del Arco (Cieza, Murcia)”. Ignacio Martín Lerma, profesor de Prehistoria da Universidade de Murcia, vicedecano da Facultade de Letras e director da escavación.
13:15 h. Mesa redonda: “O papel do patrimonio arqueolóxico no desenvolvemento local e na sustentabilidade territorial: estratexias de difusión e comunicación”. Moderada por Aurelia Balseiro e composta polos anteriores poñentes máis os seguintes convidados: Carlos Fernández Rodríguez (Universidade de León) e Arturo Lombera Hermida, GEPN-AAT (USC)
14:00 h. Debate Coloquio

Tarde
17:00 h. Visita técnica explicativa a cargo de Arturo Lombera á exposición sobre as covas das serras orientais galegas: Eirós (Triacastela), Valdavara (Becerreá) e Valiña (Castroverde) no Museo Provincial de Lugo, complementada cunha demostración elemental de talla en seixo.

 

Xornada sobre o patrimonio arqueolóxico