Cultura
Deputación de Lugo

O blues de Gisele Jackson, discípula de Ray Charles e Donna Summer, chega a Lugo este domingo

cultura
festival blues
Pilar García Porto
presentacion gisele jackson
-García Porto e Basadre Vázquez presentaron na Praza da Bispo Basulto (ao carón da Catedral), o concerto gratuíto desta artista, que se celebrará neste mesmo espazo o domingo día 31 de marzo ás 13:30 horas
- Jackson actuou con artistas como Ray Charles, e lendas como a inigualable Donna Summer ou o seu padriño, James Brown. Ao longo da súa carreira actuou en máis de 18 países en América do Norte, Asia, Europa e África. Tamén foi a encargada de cantar na toma de Presidencia de Bill Clinton
- A Deputada remarcou que “o concerto servirá de aperitivo para o Festival de Blues deste ano, cunha actuación de primeiro nivel dentro do panorama internacional, xa que Jackson está considerada un das mellores interpretes dentro do seu xénero”

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto e a Concelleira de Cultura de Lugo Carmen Basadre Vázquez presentaron este venres na Praza da Bispo Basulto (ao carón da Catedral), o concerto gratuíto de Gisele Jackson, que se celebrará neste mesmo espazo o vindeiro domingo día 31 de marzo, a partir das 13:30 horas.

García Porto avanzou que “esta nova actuación, promovida polo Goberno da Deputación é o preámbulo ao Festival de Blues que se celebrará na cidade de Lugo nas vindeiras datas. O concerto deste domingo servirá de aperitivo para as sesións deste ano, cunha actuación, para abrir cartel de primeiro nivel dentro do panorama do blues internacional. Gisele Jackson está considerada un das mellores interpretes dentro do seu xénero”.

Gisele Jackson
Gisele Jackson comezou a súa carreira cunha primeira banda de soul clásica. Logo chegou unha xira como con Ray Charles no apoxeo da súa carreira, e a partir de entón tamén acompañou a lendas como a inigualable Donna Summer ou ao seu “padriño”, James Brown. Na súa carreira actuou por máis de 18 países en América do Norte, Asia, Europa e África, e visitou en solitario os principais clubs de jazz de USA. Tamén foi teloneira de artistas da talla de Perico Ponte, Bette Midler, The Commodores, B-52 e unha gran cantidade de xigantes da música. Ademais, chegou a actuar nos éstreos e cerimonias de premios de Hollywood e apareceu na gran pantalla cantando na película First Wives Club. E foi a encargada de cantar na tóma de presidencia do mesmo Bill Clinton. 

Éxito co tema Love Commandments
A revista Billboard elevouna á categoría de diva a raíz do seu gran éxito mundial, o clásico de baile Love Commandments. O single alcanzou o número 3 na lista de baile de Billboard, catapultando a Gisele ao olimpo da música house e dance. Tamén participou noutros proxectos como no teatro, con papeis como Effie en Dream Girls, Bessie en Life & Death of Bessie Smith”, Evilene en The Wiz, Luttibelle en Purlie e Frankie en Carmen Jones. E chegou á televisión cunha campaña comercial mundial para Johnnie Walker.