Cultura
Deputación de Lugo

Nacho Vegas e Cooper, cabezas de cartel do IV Facela Fest, que se celebrará en Lugo o 17 e 18 de maio

cultura
música
Facela Fest
Día das Letras Galegas
Presentación do IV Facela Fest
Trátase dun festival urbano que contará coa presenza de 15 bandas galegas, nacionais e internacionais. Como novidade este ano, coincidindo co Día das Letras Galegas, haberá dous concertos gratuítos de recoñecidas bandas galegas nos xardíns de San Marcos

O resto de actuacións celebraranse no exterior do Pazo Provincial dos Deportes. As entradas para estes concertos xa se atopan á venda a través da páxina web https://www.wegow.com/festivales/fa-ce-la-fest-4/ e en locais de hostalería da cidade

García Porto sinalou que “dende o Executivo Provincial apostamos por este tipo de festivais, que aportan á cidade un tipo de música alternativa e un cartel moi coidado. Facela Fest é un festival que aposta pola calidade e a diferenciación”

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o director do Festival Facela Fest, Celestino Muinelo, presentaron este xoves a cuarta edición deste evento musical, que se celebrará na cidade de Lugo o vindeiro 17 e 18 de maio. Contará con 15 concertos e dous escenarios: o exterior do Pazo dos Deportes e os xardíns do Pazo de San Marcos. O Executivo Provincial colabora na organización desta cita que reunirá a centos de persoas de toda Galicia na cidade de Lugo. Trátase dun festival urbano, no que participarán bandas galegas, nacionais e internacionais. As entradas xa se atopan á venda a través da páxina web https://www.wegow.com/festivales/fa-ce-la-fest-4/ e en locais de hostaleira lucense. Na presentación do evento tamén participaron Suso Ledo e Iván Carbelledo, membros da organización.

García Porto sinalou que “dende o Executivo Provincial apostamos por este tipo de festivais, que aportan á cidade un tipo de música alternativa e un cartel moi coidado. Facela Fest é un festival que aposta pola calidade e a diferenciación, este ano entre os dous días ofrecerá un total de 15 actuacións con bandas galegas, nacionais e internacionais. Ademais esta cuarta edición coincide co Día das Letras Galegas, polo que se van a ofrecer dous concertos gratuítos nos xardíns do Pazo de San Marcos”.

Día das Letras Galegas
Como novidade nesta edición, e coincidindo co Día das Letras Galegas, os xardíns de San Marcos acollerán dúas actuacións sen coste algún para os asistentes. Os concertos serán a cargo de dúas recoñecidas e valoradas bandas galegas. O venres 17 de maio, ás 13:00 horas, será a quenda de Chicharrón, mentres que o sábado 18 de maio ás, 13:00 horas actuarán Os amigos dos músicos. Ambas bandas musicais empregan o galego para as súas cancións, demostrando que tamén pode ser utilizado no pop electrónico e no pop-folk.

Concertos no Pazo Provincial dos Deportes
17 de maio: Nacho Vegas, Michel Cloup Duo, Presumido, Cariño, Fábrica de Espejos, Boyanka Kostova e Trinitá.

18 de maio: Cooper, Tulsa, Biznaga, The Essex Green, Anari, Rayotáser, Magical Colors e Yurao Walla DJ.

 

Presentación do IV Facela Fest