Comeza a Semana Santa de Viveiro, que reunirá a unhas 30.000 persoas na localidade mariñá
O Presidente destacou que “esta cita, supón un importante reclamo turístico e económico para á Mariña Lucense pois é un dos eventos que consigue atraer a miles de persoas á comarca, chegados de diferentes puntos de España e doutros países”
Na Semana Santa de Viveiro, declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013, participarán preto de 3.500 confrades e 35 pasos nas 15 procesións que se realizan ao longo a celebración
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, participaron, este sábado, no Teatro Pastor Díaz da localidade mariñá, no pregón da Semana Santa de Viveiro, a cargo do economista, José Manuel González-Páramo. Esta cita, coa que colabora o Executivo Provincial cuncha achega económica de 25.000 euros, está declarada de Interese Turístico Internacional dende o 2013 e participarán preto de 3.500 confrades e 35 pasos nas 15 procesións de Semana Santa.
Campos Conde subliñou que “a Semana Santa de Viveiro supón un importante reclamo turístico e económico para á Mariña Lucense, pois é un dos eventos que consigue atraer a miles de persoas a esta comarca, chegados de diferentes puntos de España e tamén doutros países. Neste senso, cómpre subliñar que a Semana Santa move, de media, a unhas 30.000 persoas, coa consecuente repercusión económica que isto supón, acadando unha ocupación hoteleira no municipio do 100%”.
O pregón desta cita, correu a cargo do doutor en Economía pola Universidade de Columbia (Nueva York), José Manuel González-Páramo, elixido pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro pola súa traxectoria profesional e a vinculación esta localidade mariñá. O pregoeiro, foi presentado polo seu predecesor, Luis de Carlos Beltrán, no acto que tivo lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
González-Páramo, conta cun extenso currículo, pois está doutorado pola Universidade de Columbia, en Nueva York. Entre outros cargos, desde maio del 2015 é académico na Real Academia de Ciencias Morales e Políticas, e desde decembro do 2016 é o Presidente para Europa do TransAtlantic Business Council, o organismo de asesoramento comercial entre o Goberno de Estados Unidos e a Unión Europea en materia comercial, de inversión y regulamentación.
O pregón da Semana Santa de Viveiro é unha das actividades que da inicio a esta cita, unha das celebracións relixiosas más antigas de Galicia, na que participan as 8 confrarías viveirenses: Venerable Orden Tercera”, “Cofradía del Santo Rosario”, “Cofradía del Santísimo Cristo de la Piedad”, “Hermandad del Prendimiento”, “Hermandad de las Siete Palabras”, “Hermandad de la Santa Cruz”, “Nazareno dos de Fóra”, e “Misericordia”.