Cultura
Deputación de Lugo

A XIII Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto reuniu a 28 ferreiros e máis dun milleiro de visitantes

XIII Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto
Riotorto
A XIII Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto reuniu a 28 ferreiros e máis dun milleiro de visitantes
Houbo demostracións en vivo da artesanía do ferro, de oficios de pirogravado, de torneado de madeira ou cristal tallado. No recinto feiral cuberto baixo carpa, púidose degustar polbo e comida tradicional galega

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este domingo na XIII Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto, que reuniu a 28 ferreiros de toda a provincia, Galicia e Navarra. A cita, que conta co apoio do Executivo Provincial, tivo lugar no recinto feiral da vila e congregou a máis dun milleiro de persoas no municipio.

Durante a xornada púidose desfrutar dunha exposición de artesáns e produtos do campo, actuacións musicais, a presentación do libro A idade de Ferro de Xosé Salgado, demostracións en vivo da artesanía do ferro a cargo dos Ferreiros de Riotorto, o ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidl; Alberto Leis de Santiago de Compostela; o Centro de Interpretación da Forja (Forjas Brun de Navarra); o ferreiro Antonio do Corgo; ferreiros da Fonsagrada e Forxa Chao, de Santiago de Compostela, demostración dos oficios de pirogravado, a cargo de Pirogravados do Norte do Concello de Ortigueira; torneado de madeira e espectáculos infantís para os máis pequenos.

No recinto feiral cuberto baixo carpa,  tamén se puido degustar polbo e outra comida tradicional. Houbo animación musical durante toda a xornada a cargo dos Gaiteiros de Riotorto e a Charanga Louband.