Cultura
Deputación de Lugo

Mercedes Peón, Baiuca e outras 13 actividades darán forma ao festival multidisciplinar SacraFestival

cultura
SacraFestival
Chantada
O Saviñao
Presentación SacraFestival
Trátase dun festival que une gastronomía, enoloxía, música, danza e cine e formación de novos talentos, con Residencias artísticas e obradoiros formativos. Celebrarase os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño nos concellos de Chantada e O Saviñao

García Porto remarcou que “con pequenas iniciativas, feitas con cariño e coidado como este festival conseguiremos poñer en valor todo o que somos e o que podemos ofrecer desde calquera recuncho da nosa provincia”

As actividades estarán integradas en espazos xa existentes, integrándose coa contorna e mantendo un compromiso coa sustentabilidade

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades e  organizadores do festival presentou este mércores a III Edición do SacraFestival, que terá lugar os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño nos concellos de Chantada e O Saviñao. Trátase dun festival multidisciplinar que une gastronomía, enoloxía, música, danza, cine e formación de novos talentos, con Residencias Artísticas e obradoiros formativos.

García Porto remarcou que “a cultura non poden ser só as grandes citas nos grandes centros culturais, con pequenas accións, feitas con cariño e coidado como é este festival conseguiremos poñer en valor todo o que somos e o que podemos ofrecer desde calquera recuncho da nosa provincia”.

O SacraFestival conta cun programa variado no que se inclúen proxeccións, espectáculos de danza, rutas, catas de viños ou concertos como o de Mercedes Peón ou o músico Electropop Baiuca, sumando un total de 15 actividades divididas en diferentes puntos dos concellos de Chantada e O Saviñao, mostrando ademais un compromiso coa sustentabilidade, integrando as actuacións nos espazos xa existentes.

García Porto tamén quixo destacar que “a paisaxe é un dos grandes reclamos turísticos desta comarca, unha potencialidade que desde o Goberno da Deputación sempre vimos e quixemos potenciar, co apoio a Candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade ou colaborando e implicándonos en diferentes iniciativas culturais e turísticas como é o SacraFestival”.

Presentación SacraFestival