Cultura
Deputación de Lugo

Lucus Ensemble mostra o son dos instrumentos medievais en Monforte

instrumentos medievais
Monforte
Lucus Ensemble
Concerto de 'Lucus Ensemble' en Monforte
Na Casa da Cultura de Monforte celebrouse, este venres, o concerto de Lucus Ensemble, que forma parte da programación O Son do Tempo, un proxecto para o estudo e difusión da música medieval posto en marcha polo Executivo Provincial

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, asistiu, este venres ás 20:15 horas, ao concerto de Lucus Ensemble na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, a segunda cita da programación o Son do Tempo, un proxecto do Goberno da Deputación para a recuperación do patrimonio cultural. O obxectivo desta iniciativa é o estudio, a divulgación, así como a promoción da música medieval entre o público dos Concellos da provincia, motivo polo que, desde o CENTRAD, o ente provincial permite o préstamo dos instrumentos da súa colección. A actuación foi todo un éxito de público, completando o aforo da sala.

García Porto sinalou que “dende o Goberno Provincial apoiamos as iniciativas que contribúen a poñer en valor as nosas tradicións e a nosa cultura. Pois iso dende o CENTRAD iniciamos un traballo para a reconstrución de instrumentos medievais. Os sons destes instrumentos xa se están achegando a cidadanía a través duns concertos programados en varios concellos da provincia, poñendo en valor tamén o seu patrimonio, pois buscamos que as actuacións se realicen en lugares de valor histórico”

Durante o concerto, os músicos do recoñecido grupo lucense, un dos principais referentes da música de cámara da provincia, interpretaron tanto instrumentos medievais como actuais e os arranxos e adaptacións do programa correron a cargo  dos propios músicas.

Próximos concertos
-    Portomarín, 5  de maio. Igrexa de San Xoán, parroquia de San Nicolás, ás 19:00 horas.
-    O Saviñao, 9 de xuño. Igrexa de San Estevo de Ribas de Miño, ás 19:00 horas.
-    Castroverde, 30 de xuño. Igrexa de Santiago de Vilariño, ás 19:00 horas.
-    Viveiro, 11 de xullo. Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
-    Alfoz, 15 de setembro. Igrexa do Castro, ás 19:00 horas.
-    Lugo, 13 de outubro. Catedral de Lugo, ás 17:00 horas.