García Porto participou na presentación da IV Romaxe Viquinga do Vicedo, coa que colabora a Deputación
A Deputada Provincial, Pilar García Porto, participou este luns, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia, na presentación da IV Romaxe Viquinga do Concello do Vicedo, que terá lugar este venres e sábado e que conta coa colaboración do organismo provincial. García Porto puxo en valor este evento de recreación histórica, que ademais de contar cunha ampla programación, impulsa o turismo do Concello o que supón un importante revulsivo económico para toda a comarca mariñá.