Cultura
Deputación de Lugo

Rede Museística organiza tres días de actividades co gallo Día Internacional do Patrimonio

rede museística
patrimonio
Actividades Rede Museística
As actividades celebraranse nos catro museos da Rede e inclúen charlas, mesas redondas, obradoiros e visitas guiadas

Lugo, 14 de novembro de 2019.-  A Rede Museística da Deputación organiza tres días de actividades en torno ao Día Internacional do Patrimonio, que se celebra o próximo sábado 16 de novembro, coincidindo co aniversario da sinatura  da Convención sobre o Patrimonio Mundial Cultural e Natural que tivo lugar en París no ano 1972. 

Este xoves todas as persoas interesadas poderán achegarse ata a mesa redonda que debaterá sobre Patrimonio e Sostibilidade. O sábado, a Rede Museística programa visitas guiadas preparadas especialmente para este día, destinadas a posta en valor do Patrimonio Cultural, así no Museo Provincial a visita leva o título: do nomadismo ao turismo; e no Museo do Mar: as comunidades mariñeiras como parte do patrimonio inmaterial de Galicia.

O propio sábado O Museo Fortaleza de San Paio de Narla organiza un obradoiro no que 20 nenos coñecerán o patrimonio da contorna para así aprender a valoralo.

Para finalizar o xoves 28 de novembro no Pazo de Tor terá Lugar o relatorio do escritor e divulgador Fernando Arribas Arias: Un exemplo de patrimonio esquecido e pouco valorado: cruceiros, cruces e petos de Monforte de Lemos.

Xoves, día 14 de novembro de 2019.
Ás 18:00 horas, na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo, mesa redonda sobre Patrimonio e sostibilidade, moderada por Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, que contará coas intervencións de:
- Mónica Díaz e Beatriz Pérez Pereira, da Asociación de Guías de Galicia.

- Pilar Sánchez Monje, de O sorriso de Daniel.

- Silvia Fiallega Lorenzo, da Rede Museística da Deputación de Lugo.

- María Núñez Pertejo, da Axencia Tee-Travel.

- Xosé Figueroa Lorenzana, do Pazo de Sabadelle Ecoagroturismo.

Sábado, 16 de novembro de 2019
- Ás 11:30, 12:30, 17:30 e 19:00 horas, no Museo Provincial de Lugo, visitas guiadas sobre a posta en valor da sostibilidade do patrimonio cultural baixo o título Do nomadismo ao turismo.

- De 12:00 a 14:00 horas, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol), obradoiro: Coñece e valora desde nenez o teu patrimonio.

- Ás 16:00 horas, no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) visita guiada baixo o título “As comunidades mariñeiras como parte do patrimonio inmaterial de Galicia.”

Xoves, día 28 de novembro de 2019
Ás 18:00 horas, no Museo Pazo de Tor, relatorio de Fernando Arribas Arias sobre Un exemplo de patrimonio esquecido e pouco valorado: cruceiros, cruces e petos de Monforte de Lemos.