Cultura
Deputación de Lugo

Unha exposición no Pazo de San Marcos reflexiona sobre o Alzheimer

Maite Ferreiro
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
alzheimer
Inauguración Esquecín
As 24 artistas participantes mostran a realidade do Alzheimer desde a súa propia experiencia.

Tamén se presentou o proxecto 113+, que traballará a diversidade cultural con persoas migrantes das 113 nacionalidades que conviven en Lugo.

Lugo, 6 de marzo de 2020.-  Este venres tivo lugar a inauguración da exposición Esquecín que te esquecín, organizada pola Asociación de Mulleres Artistas Blanco, Negro y Magenta coa colaboración da Rede Museística de Lugo. Trátase dunha exposición na que as 24 artistas participantes mostran unha visión persoal da realidade do Alzheimer que provén da súa propia experiencia. 

No acto de inauguración participaron a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, algunha das artistas que participan na mostra e as compoñentes da Asociación Blanco, Negro y Magenta, Alexandra R. Rei Marta Albarrán, ademais dunha representación das asociacións que traballan con enfermos de Alzheimer na provincia.

Maite Ferreiro destacou que “aínda que esta exposición ten que ver con dúas datas importantes, como son o 8M e o Día dos Museos, o traballo da Rede Museística sempre vai máis alá, traballando cada día pola inclusión e a igualdade”.

A mostra dialoga e reflexiona sobre a enfermidade, pero tamén sobre a obriga que supoñen os coidados para as familias, especialmente para as mulleres, e que trae consigo un desgaste emocional.

113+
Durante o mesmo acto tamén se presentou o proxecto social 113+, en colaboración coa Asociación Rioplatense de Lugo. Partindo da base da convivencia en Lugo de persoas de, polo menos, 113 nacionalidades.
113+  busca crear espazos de colaboración e comunidade, mediante obradoiros nas 4 sedes da Rede Museística, facendo visible esta diversidade cultural a través dun proxecto fotográfico.
 

Inauguración Esquecín