Cultura
Deputación de Lugo

Un obradoiro en liña de fotografía impartido por Nachok amplía a oferta de actividades virtuais da Rede Museística Provincial

REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
fotografía
Fotografía de Nachok

Lugo, 29 de maio.-  A Rede Museística Provincial organiza un curso en liña de fotografía, impartido polo artista Ignacio Castro “Nachok”. O obradoiro abordará a fotografía como expresión creativa, afondando na execución e interpretación da imaxe, e tamén na composición da mesma e nas claves da linguaxe fotográfica, con apuntamentos sobre a regra dos tercios, os distintos tipos de encadre ou o movemento.

O curso, que se desenvolverá baixo o epígrafe “Derivas”, constará de oito sesións de 45 minutos, os mércores e os venres ás 19:30 horas a partir da vindeira semana. 

As persoas interesadas deberán facer a inscrición a través da solicitude que atoparán na web da Rede Museística Provincial. A participaciòn limítase a 15 persoas para asegurar a interactividade e o aproveitamento do obradoiro, que se impartirá a través da plataforma Zoom.