Cultura
Deputación de Lugo

O congreso de museoloxía social MINOM-ICON ten novas datas

rede museística
MINOM-ICOM
Pazo de Tor
O XX encontro internacional de nova museoloxía celebrarase de xeito virtual entre os días 22 e 23 de xullo.

Lugo, 6 de xullo de 2020.- A vixesima edición da conferencia internacional MINOM-ICOM finalmente terá lugar os días 22 e 23 de xullo, cun novo formato en liña aberto ao público, e cunha sesión de clausura, presencial para os membros do equipo de traballo, desde o Pazo de Tor.

O congreso, que leva por título: Cara a unha museoloxía 4D: social, ambiental, política e economicamente sustentábel, ía celebrarse entre os días 22 e 27 de xuño, con sede en Lisboa e Lugo. Trátase dun dos eventos máis importantes da museoloxía internacional: “un espazo de reflexión comprometido coa filosofía da museoloxía social e coas estratexias de sustentabilidade, un compromiso que desde a Rede Museística provincial demostramos cada día, poñendo ás persoas no centro do traballo museolóxico” explicou a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro.

As sesións realizaranse a través da plataforma Zoom, para participar activamente e conseguir a acreditación será necesario inscribirse a través dun formulario, igualmente todo o congreso será retrasmitido a través de facebook.
 

Podes descargar aquí o programa completo