Cultura
Deputación de Lugo

Gran acollida do Muralla de Letras, que completou a capacidade do Vello Cárcere durante a fin de semana

MURALLA DE LETRAS
Maite Ferreiro
SECTOR EDITORIAL
LIBRARÍAS

Muralla de Letras rematou este domingo despois de tres xornadas de actividades arredor dos libros e da lectura que contaron cunha grande acollida por parte do público. Os concertos, contacontos, encontros lectores e presentacións organizadas durante a fin de semana completaron a capacidade do espazo central e do auditorio do Vello Cárcere, adaptada á situación sanitaria.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, agradeceu a resposta por parte do público e a colaboración de autoras, editoriais e artistas para cadrar axendas e participar nesta programación, pensada para dinamizar o sector editorial e o mercado libreiro.

Muralla de Letras incluíu presentacións editoriais e encontros lectores con Suso de ToroLedicia CostasMarica CampoMaría Lado e Lucía AldaoPilar García Negro ou Luis López Alonso . Tamén se celebraron concertos e contacontos para público infantil a cargo de Magín BlancoPaco NogueirasPaco Cerdeira “Pakolas”,  Anxo MoureRaquel QueizásBrais das Hortas e o colectivo Polo Correo do Vento. Mercado de Nadal.